Room é un filme británico-estadounidense-canadense-irlandés de 2015, dirixido por Lenny Abrahamson e escrito por Emma Donoghue, baseado na novela do mesmo nome de Donoghue. O filme está protagonizado por Brie Larson, Joan Allen, William H. Macy, Sean Bridgers e Jacob Tremblay. Exhibiuse na sección Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015, posteriormente tivo a súa estrea no Festival de Cinema de Telluride. O filme tivo a estrea limitada o 16 de outubro de 2015, antes de ter unha estrea en todos o país o 6 de novembro de 2015, por A24 Films. En Galicia estreouse en febreiro de 2016 coa dobraxe en castelán. O filme estaba nomeado a catro premios Óscar na 88ª edición dos Óscar, finalmente Larson levou o Óscar á mellor actriz.

Sinopse Joy Newsome, tamén coñecida como Ma e o seu fillo Jack de cinco anos viven retidos polo vello Nick nun pequeno alpendre no xardín dunha casa. No cuarto non hai fiestras, agás unha lumieira no teito. Durante o transcurso do filme, Ma e máis Jack realizan distintas actividades para non se aborrecer, e Ma protexe a Jack da realidade, porén decide tomar a decisión de lle contar ao neno o que en realidade acontece e tentan fuxir.

Elenco Brie Larson como Joy Newsome "Ma" Jacob Tremblay como Jack Newsome Joan Allen como Nancy Newsome William H. Macy como Robert Newsome Megan Park como Laura Sean Bridgers como o Vello Nick Cas Anvar como o Doutor Mittal Amanda Brugel como a Oficial Parker Joe Pingue como o Oficial Grabowski Tom McCamus como Leo

Produción O 3 de setembro de 2013 anunciouse que Lenny Abrahamson dirixiría o filme, con guión de Emma Donoghue baseada na súa propia novela "Room". Ed Guiney produciríaa a través de Element Pictures. O 9 de abril de 2014, Brie Larson uniuse para interpretar o papel principal de Ma. O 10 de novembro, Joan Allen, William H. Macy e Jacob Tremblay uníronse ao filme.

A fotografía principal comezou o 10 de novembro de 2014 na cidade de Toronto e rematou o 15 de decembro de 2014. No seu rol coma "Ma", a actriz Brie Larson consultou con expertos e nutricionistas para poder levar un papel máis realista. Larson despois indicou que a súa nova personaxe era nun filme "cunha historia de amor, liberdade e perseveranza que se sente medrar se converterse nunha propia persoa". Esta película marca a terceira colaboración entre a actriz Joan Allen e William H. Macy despois de protagonizar previamente xuntos en Searching for Bobby Fischer e Pleasantville.

Rodaxe A rodaxe do filme comezou o 10 de novembro de 2014 en Toronto, e rematou o 15 de decemrbo de 2014.

Lanzamento A compañía de distribución A24 Films, adquiriu os dereitos do filme nos Estados Unidos. Sóubose que a estrea mundial sería o 4 de setembro de 2015 no Festival de Cine de Telluride. O filme amosouse tamén na sección de presentacións especiais no Festival Internacional de Cinema de Toronto, no ano 2015. Recibiu tamén unha presentación especial no Festival de Cinema de Londres, o 11 de outubro de 2015. O filme comezou unha estrea limitada o 16 de outubro de 2015.

Recadación A partir do 26 de xaneiro de 2016 calcúlase unha estimación recadada dun total de 9,1 millóns de $ en todo o mundo.

Recepción thumb|left|120px|O novo actor "Jacob Tremblay" interpreta a Jack. Room ten recibido críticas positivas, Metacritic dálle ao filme unha media de 86 puntos sobre 100, baseadas nos comentarios dos críticos, o que indica "aclamación universal".. Algúns críticos describiron a actuación de Brie Larson e Jacob Tremblay coma unha actuación que fai da película un filme inesquecíbel e desgarrador.

Recoñecementos Room recibiu unha cantidade numerosa de premios e nomeamentos. Brie Larson en particular, sinalouse cos premios da Asociación de Críticos de Cinema de Chicago, e varias outras organizacións de críticos de cinema de adxudicación co galardón de mellor actriz. Larson tamén recibiu nomeamentos para o Premio da Crítica, Screen Actors Guild, e gañou o Globo de Ouro á Mellor Actriz. Emma Donoghue, encargada do guión e Jacob Tremblay tamén teñen recibido atención de premios. Ademais, Room recibiu catro nomeamentos da Academia que se celebrou o día 28 de febreiro de 2016, levando finalmente Larson o Óscar á mellor actriz.

<center> {| border="1" cellpadding="4" cellspacing="0" stext;mPendiente m 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" |- bgcolor="#B0C4DE" align="center" ! Premio||Categoría || Receptores||Resultado|| |- |rowspan="4"|Premios Óscar||Mellor filme||Ed Guiney||Nomeado||rowspan=4 style="text-align:center;"| |- |Mellor director||Lenny Abrahamson||Nomeado |- |Mellor actriz||Brie Larson||Gañadora |- |Mellor guión adaptado||Emma Donoghue||Nomeado |- !scope= row rowspan="3"|Globos de Ouro |Mellor filme - Drama||Room||Nomeado|| rowspan=3 style="text-align:center;"| |- |Mellor actriz - Drama||Brie Larson||Gañadora |- |Mellor guión||Emma Donoghue||Nomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes rodados no Canadá Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre secuestros