Amparo Serrano Iglesias é unha política aranesa que foi Síndica de Arán entre 1993 e 1995.
Traxectoria En maio de 1991 concorreu ás eleccións ao Consello Xeral de Arán dentro da coalición Coalició Aranesa-Convergència i Unió (CA-CiU), que gañou as eleccións, e a súa compañeira Maria Pilar Busquets, de CDA, foi investida Síndica de Arán. Dous anos máis tarde xurdiron problemas na coalición e Amparo Serrano presentou unha moción de censura contra Pilar Busquets co apoio do seu partido, Unió Democràtica Aranesa (UDA) e de Unitat d'Aran. O 12 de xullo de 1993 foi investida Síndica, posto que ocupou ata o 7 de xuño de 1995, xa que Convergéncia Democratica Aranesa gañou as eleccións, con Carles Barrera como candidato.
Presentouse tamén como cabeza de lista por Agrupació d'Electors Amassadi per Aran ás eleccións de 1999 e 2003, sen éxito.
Véxase tamén
Categoría:Síndicos de Arán Categoría:Políticos de Cataluña