Francesc Gay i Puig, máis coñecido coma Cesc Gay, nado en Barcelona en 1967, é un director de cinema e guionista catalán.
Traxectoria Estudou cinema na Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, onde se graduou en 1990. Debutou como director en 1998, xunto co arxentino Daniel Gimelberg, coa obra Hotel Room. Por volta do ano 2000 foi elixido para levar ao cinema a obra de teatro Kràmpack, realizando ademais a súa adaptación.
En 2002 foi o creador e responsábel da coordinación de guión da serie de TV3 Jet lag, realizada pola compañía T de Teatre. En 2003 estreou o filme En la ciudad (protagonizada entre outros por Mònica López, Eduard Fernández, María Pujalte e Leonor Watling), coa que conseguiu o recoñecemento mundial ao seu traballo; Eduard Fernández conseguiu o Premio Goya ao mellor actor secundario, e o filme obtivo tres nomeamentos máis, para Mònica López coma actriz de secundaria e para o propio Cesc Gay á dirección e ao guión adaptado.
En 2006 estreou Ficció, protagonizada por Eduard Fernández, Javier Cámara, Montse Germán, Carme Pla e mais Àgata Roca, e producida por Gerardo Herrero e Marta Esteban. Por este filme foi galardoado co Premio Nacional de Cinema concedido pola Generalitat de Cataluña en 2007. Posteriormente dirixiu V.O.S, unha adaptación da obra teatral de Carol López. No ano 2012 estreou Una pistola en cada mano (en galego, Unha pistola en cada man), interpretada entre outros por Ricardo Darín, Luís Tosar, Javier Cámara, Eduard Fernández, Alberto San Juan, Candela Peña, Eduardo Noriega e Leonor Watling.
En 2015 dirixiu Truman, unha coprodución hispano-arxentina con Javier Cámara e Ricardo Darín, un filme que retrata o emotivo reencontro de dous vellos amigos pola doenza terminal dun deles, e que conseguiu 11 nomeamentos aos premios Gaudí e seis nomeamentos aos premios Goya, dos que gaña cinco, incluídos mellor filme e mellor director para Cesc GayPremios Goya 2015 en IMDB.
Filmografía Filmes Ano Título Xénero Ocupación 2015 Truman Comedia Director e guionista. 2012 Una pistola en cada mano Comedia, Drama Director e guionista. 2009 V.O.S. Comedia Director e guionista. 2006 Ficción Drama Director, guionista e deseñador de son. 2004 Canciones de amor y de droga (de Pepe Sales) Música Director 2003 En la ciudad Drama Director e guionista. 2000 Kràmpack Comedia, Drama, Romance Director e guionista. 1998 Hotel Room Comedia, Drama Director e guionista.
Televisión
Ano Título Xénero Ocupación 2012 - 2013 La Riera Drama Guionista 2009 - 2010 50 años de Director 2001 - 2006 Jet Lag Guionista 1999 - 2000 Polar Comedia, drama Director e guionista
Documentais Ano Título Xénero Ocupación 2014 Encants: diari d'un trasllat "Encantes: diario dun traslado" Comedia Guionista
Curtametraxes
Ano Título Xénero Ocupación 1991 La ecuación del vértigo Actor
Premios e nomeamentos
Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado2015 Mellor dirección Truman Gañador2004 Mellor dirección En la ciudad Nomeado Mellor guión orixinal2001 Mellor director novel Kràmpack Nomeado Mellor guión adaptado
Festival de Donostia
Ano Categoría Filme Resultado 2003 Cuncha de Ouro En la ciudad Nomeadda 2000 Premio Sebastiane ''Kràmpack Gañador
Notas
Categoría:Directores de cinema de Cataluña Categoría:Guionistas de Cataluña Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Barcelona