miniatura|285px|Praia de Mónsul, no Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar. Costa de Almería é a denominación turística que recibe a franxa litoral da provincia de Almería, unha extensión de territorio que abarca 217 quilómetros de costa mediterránea e 13 municipios: desde Pulpí, no límite coa provincia murciana ata Adra, que limita coa provincia de Granada.

Desde o 16 de febreiro de 1928 o empresario turístico Rodolfo Lussnigg promovería a denominación Costa do Sol para a Costa de Almería, á que se refería orixinalmente de forma exclusiva. Con todo, hoxe en día, esta franxa litoral denomínase simplemente Costa de Almería , mentres que o nome Costa do Sol pasou a formar parte da franxa litoral que ocupa a provincia de Málaga.

Dentro da Costa de Almería poden atoparse destinos turísticos como Vera, Mojácar, Roquetas de Mar ou Almerimar, e espazos naturais como o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, a Paraxe Natural Punta Entinas-Sabinar, ou a Illa de San Andrés, entre outros.

Concellos Adra Berja El Ejido Roquetas de Mar Enix Almería Níjar Carboneras Mojácar Garrucha Vera Cuevas del Almanzora Pulpí

Véxase tamén Costa do Sol

Almeria Categoría:Provincia de Almería