Alonso Escudero López, nado en Mombuey (provincia de Zamora) o 5 de agosto de 1867Padrón de vecinos de La Coruña de 1889 (Arquivo Municipal da Coruña). e finado en Madrid o 13 de maio de 1954, foi un comerciante de tecidos e empresario que estivo radicado uns anos na Coruña, participando durante ese tempo notablemente na súa vida social e económica. Foi empregado e socio da compostelá Casa de Simeón García, participando no establecemento e desenvolvemento desta compañía en Madrid.

Traxectoria Orixe familiar e comezos na Casa de Simeón García dereita|miniatura|Igrexa da Asunción, en Mombuey. Fillo de Marcelino Escudero, veterinario da localidade zamorana de Mombuey, e Teresa López, foi irmán de Socorro, Teresa, Josefa e CésarNado en 1885 e falecido en 1941, orixe da rama dos Escudero Santiago. Escudero López.

Por intercesión dun familiar, Alonso Escudero trasladouse moi novo, apenas completados os estudos primarios, a Vilagarcía de Arousa para comezar a traballar como mozo en varias tendas desta localidadeProbablemente unha delas puido ser na firma "Simeón García y Compañía", que acababa de abrir esta delegación en 1878, aínda que desde 1863 contaba alí cun correspondente.. Aquí estivo ao longo de tres anos Neste artigo afírmase que en 1930 Alonso Escudero levaba traballando coa firma Simeón García desde facía 48 anos, polo que tiña que ter empezado a traballar con eles en 1882, cando acababa de chegar a Vilagarcía. (aproximadamente entre 1882 e 1884). Nese ano de 1884, ingresou na compañía compostelá Simeón García y Compañía, onde despois de seis meses pasou a traballar de viaxante da empresa, posto no que se mantivo durante catorce anos (ata cerca de 1898) e logo despois de mercador, o que lle levou a coñecer diversos lugares da España industrial. Entre tanto, Simeón García y Cª abriu en 1884 a súa delegación na Coruña e invitou a Alonso Escudero a ser socio dela (que entre 1895 e 1906 se chamou Viuda e Hijos de Simeón García SRC). Os socios deste establecemento coruñés, ademais da sociedade compostelá (que achegou 600 mil reais) e o propio Escudero (que achegou 50 mil reais), foron Manuel Vega Fernández (outros 50 mil), Valeriano Zurita Bartolomé e Antonio González González Antonio González pertencía a unha familia mindoniense que posuía un almacén de tecidos nesta cidade, polo que semella que o seu traslado á Coruña obedeceu a esa formación en mancebía tan característica do comercio finisecular. (que, aínda que non prestaron capital nun principio, si que recibían un dez por cento dos beneficios, mentres fosen dependentes do comercio), constituíndose perante o notario Jesús Fernández Suárez o 4 de maio de 1884. Esta delegación dedicouse como a casa matriz "ao comercio de tecidos de la, seda, algodón e outros xéneros españois e estranxeiros", pero "non contou con sección bancaria". En 1907 a compañía mudou de nome, dando plena identidade á delegación coruñesa, que pasou a denominarse Hijos de Simeón García SRC, La Coruña, da que o propio Escudero foi socio fundador. En xaneiro de 1917 faleceu o seu co-socio en Hijos de Simeón García SRC, La Coruña, Valeriano Zurita, que ingresou na firma como socio capitalista en 1889, cando aínda se chamaba Simeón García y Compañía. En outubro de 1924 faleceu o outro socio capitalista, Manuel Vega.

Sobre 1899 Alonso chamou ao seu carón ao seu irmán César, cando este apenas contaba 14 anos de idade, coa intención de formalo nos segredos do comercio local e de que estudase na Escola de Comercio da Coruña.

Negocios paralelos na Coruña As súas responsabilidades como apoderado da firma de Simeón García non lle impediron a Alonso desenvolver novos negocios á marxe da compañía compostelá. Así, ao comezo dos anos 20 formou a sociedade Escudero y Rodríguez S.L., que en novembro de 1921 adquiriu a Eulogio Losada o comercio de tecidos La Verdad, situado nos números 4 e 6 da rúa de Bailén, lugar onde se situou a sede social. O seu socio, de apelido Rodríguez, probablemente foi o seu concuñado, marido de Josefina Caamaño Font (irmá da súa muller, Corona), quen faleceu antes de 1923. Escudero rexentou este negocio longo tempo, incluso cando xa non residía na Coruña, aínda que consta que en 1930 a representación a levaba un tal Inocencio Escudero, sen dúbida familiar de Alonso, senón incluso un dos seus irmáns. Este establecemento aínda existía en 1936, pero levaba anos dando perdas, tal como se extrae do estudo de Jesús Mirás.

Por outra banda, o seu irmán César e mais Manuel Vega Ayala, fixéronse cargo en maio de 1920 dos almacéns coruñeses "Nuevo Mundo", situados nos números 41 e 43 da rúa de San Andrés, que eran propiedade da Casa de Simeón García e funcionaban como unha marca alternativa e sucursal da principal. Substituíu no cargo aos irmáns Pérez Escudero (cos que probablemente estaba emparentado), que foron apartados pola dirección compostelá.

Xerencia da Casa Simeón en Madrid En 1908 o comerciante catalán Ignacio Colomer Vigo fundou unha sociedade con Salvador e Ramón Montan Colomer que se chamou Ignacio Colomer y Montan hermanos, dedicada á venda de tecidos por xunto e polo miúdo, establecéndose en Madrid. Para tal efecto, mercaron un inmoble no número 4 (triplicado) da rúa de Atocha, no que situaron os seus almacéns, que reformaron en 1919. Quince anos despois do seu establecemento, en abril de 1923, Hijos de Simeón García y Compañía adquiriu os almacéns e as súas existencias a Colomer, asinando o acordo en Barcelona. Para levar adiante esta nova sucursal da Casa Simeón (a duodécima sede en España desta firma nese momento), creouse unha nova sociedade nese mesmo ano que se chamou Hijos de Simeón García SRC, Madrid, da que pasaron a formar parte como xerentes Manuel García Blanco (pola sede central), José Codina Nieto (procedente da sede de Vigo) e, tamén na condición de director do establecemento, Alonso Escudero. O capital inicial desta empresa ascendeu a 1.750.000 pesetas, aínda que en 1930 xa acadaba os tres millóns. A partir deste momento, Escudero deu comezo a un período no que compaxinou o arranque dos novos almacéns madrileños coa xestión dos coruñeses, realizando frecuentes viaxes nunha e outra dirección. En calquera caso, rematou por tomar a decisión de trasladarse a Madrid para vivir coa súa dona ao pouco, como o demostra o feito de viaxar con ela á capital en agosto sen dúbida para elixir morada. Finalmente, Escudero rematou por desenvolver o resto da súa carreira profesional en Madrid, como socio da compañía compostelá.

Aos almacéns na rúa de Atocha 4-triplicado (de venda de tecidos por xunto), engadíronse outras dúas tendas de vendas polo miúdo en Madrid (probablemente por asociación) na rúa Policarpo Sanz (que era o almacén de paquetería e quincalla) e no número 4 da Puerta del Sol (que era o almacén de tecidos e calzado), que funcionaban xa en xullo de 1923.

Os Almacenes Simeón na Praza do Anxo dereita|miniatura|Almacenes Simeón na plaza del Ángel, Madrid (act. Hotel Reina Victoria). O éxito acadado polos novos almacéns de Madrid, animaron a Escudero a ampliar as instalacións, buscando un novo inmoble onde situarse, atopándoo apenas a 350 metros, no número 8 da praza do Anxo (), facendo esquina coa praza de Santa Ana. Ata 1919 alí atopábase o palacio dos Condes de MontijoNeste edificio histórico, pertencente á familia da emperatriz Eugenia de Montijo, anunciouse a proclamación de Alfonso XII e, pouco despois, durante un tempo viviu o asasinado presidente do Consello de Ministros en 1912, o ferrolán José Canalejas Méndez., que nese momento albergaba o Casino Militar. Poucos anos antes, Miguel Castañer SoláNado en 1854, faleceu en Madrid o 25 de xullo de 1926 (). (propietario duns grandes almacéns de "xéneros de punto" establecidos nos números 13 e 14 da mesma praza do Anxo, e socio de Castañer y Marín S. en C.) chegou a un acordo cos hoteleiros Rafael Ruiz Alfaro e Diego Cáceres Antúnez para a construción dun novo edificio que compartirían, quedándolle a el a entreplanta, a planta baixa e o soto, mentres que o resto do edificio sería un hotel. Encargóuselle o deseño ao arquitecto modernista Jesús Carrasco-Muñoz EncinaNado en 1869 e falecido en 1957 ()., tendo un custo aproximado de cinco millóns de pesetas, dando comezo as obras en 1919, despois de acumular un notable atraso polo conflito que xurdiu co Concello de Madrid debido á altura do inmoble, que excedía o permitido nas Ordenanzas Municipais. O remate da construción produciuse en 1921 e o edificio foi ocupado polos Grandes Almacenes Castañer sobre marzo de 1922, mentres que o Gran Hotel Reina Victoria, que ocupaba a primeira planta e seguintes, foi inaugurado en marzo de 1923. O inmoble foi coñecido desde ese momento como o Hotel Reina Victoria ou, durante o período republicano, como o Hotel Victoria, aínda que tamén foi coñecido durante un breve tempo como Almacenes Castañer e, logo, como Almacenes Simeón. Os almacéns ocupaban uns 5.000 m² de superficie e dispuñan de 12 escaparates. Entre as novidades de deseño que atraían máis público estivo a instalación dun potente sistema de calefacción, que invitaba ao potencial cliente a demorar máis tempo no comercio e, polo tanto, a mercar máis. Porén, a pesar da súa notable popularidade, Castañer tomou a decisión de desfacerse dos almacéns e, inicialmente, quixo alugalos, ata que ao final en setembro fíxose público o acordo da súa venda a Hijos de Simeón García, representada por Alonso Escudero. Deseguido anunciouse a liquidación das existencias de Castañer, que deron comezo o 5 de outubro, permanecendo iluminados os escaparates polas noites para atraer o público e liquidando os artigos a uns prezos esaxeradamente baixos, nunha nova estratexia comercial. Nesta decisión de Castañer ben puideron influír motivacións persoais, como o falecemento da súa dona ao principio do proceso de construción, ou ben o accidente de tráfico que sufriu o seu fillo e no que morreu un rapaz, ou ben unha enfermidade, porque apenas un ano despois Miguel Castañer faleceu. As existencias rematáronse a principios de 1926, dando comezo a andaina dos novos almacéns galegos.

Rapidamente os novos Almacenes Simeón convertéronse nos almacéns de tecidos máis importantes de Madrid, sobre todo debido aos seus vistosos escaparates, nunha das denominadas por Crossick e Jaumain catedrais do consumo moderno. A súa estratexia comercial baseouse na oferta de pezas de moda a baixo prezo, producidas en serie, nun primeiro indicio do que sería a moda prêt-à-porter ou ready to wear. Ademais, o establecemento contaba con seccións específicas de xéneros (seda, punto...) e, desde 1927, de moda para muller. Outras promocións comerciais nas que estes almacéns destacaron foron, por exemplo, aquela pola que se deu durante unha semana a todos os clientes un agasallo, conmemorando o quinto aniversario da inauguración, en 1930; ou aqueloutra na que, pola merca dun xabón, regalaban en 1926 unha participación da Lotería do Nadal. Tamén foi un dos primeiros establecementos madrileños en empregar para a súa iluminación as luces de neon e os rótulos luminosos, como reclamo publicitario.

Foi precisamente na praza de Santa Ana, cara á que os Almacenes Simeón se orientaban, onde en maio de 1950 tres dos socios madrileños obtiveron permiso para abrir unha sucursal bancaria de Hijos de Simeón García, expandindo deste xeito o negocio bancario ao maior mercado español.

Alonso Escudero permaneceu dirixindo os almacéns madrileños ata tres meses antes do seu pasamento, que se produciu o 13 de maio de 1954, despois de desenvolver máis de setenta anos de actividade profesional para a mesma empresa.

Vida social e política A súa integración nas entidades e grupos de presión da sociedade coruñesa produciuse tempo despois da súa chegada á cidade. Consta que pertenceu como vogal á xunta directiva elixida o 2 de marzo de 1913 da Liga de Amigos da Coruña, cargo no que foi renovado ao ano seguinte.