Spyair (estilizado como SPYAIR) é unha banda de rock xaponesa de Nagoya, formada en 2005. Os seus membros son Ike (voz), UZ (programación/guitarra), Momiken (baixo) e Kenta (batería).
Historia A banda formouse en 2005 e autoproduciu moitos traballos até 2009 cando asinaron co selo discográfico Indie, U-Project. Con U-Project, publicaron "Japanication" e "Kanjou Discord" até que asinaron cunha discográfica maior, Sony Music en 2010. O seu primeiro single importante, "Liar", foi publicado o 11 de agosto de 2010, o seu tema principal utilizouse como a canción do drama Hammer session!. Esta foi precedida por "Last Moment", que se usou como o 25º ending da serie de anime Bleach.
O 8 de xuño de 2011, Spyair sacou o seu cuarto single, "Samurai Heart (Some Like it Hot)", que se usou como o 17º ending do anime Gintama. A principios de 2012, "My World" usouse como o 2º ending de Mobile Suit Gundam AGE. A canción "0 Game (Love Game)" usouse como a banda sonora oficial para a película do 2012 The Amazing Spider-Man. Tamén cantaron o tema da segunda película do anime Gintama.
O seu novo single "Naked" foi publicado o 5 de setembro de 2012.«SPYAIR announces new single, "Naked"». tokyohive.com. 2012-07-21. Despois da súa publicación fíxose o anuncio do seu segundo álbum, "Just Do It", que incluía 12 pistas entre as que se atopan "My World", "0 Game" e "Naked"..«SPYAIR to release second album, "Just Do It"». tokyohive.com. 2012-08-08.
Outro single, "Wendy: It's You", usouse como o tema do drama Koi Suru Hae Onna que comezou a emitirse en novembro de 2012.«SPYAIR to release new single, "WENDY ~It's You~"». tokyohive.com. 2012-10-02. Despois da publicación de "Wendy: It's You", Enzel anunciou que deixaría a banda despois do seu concerto de Nippon Budokan o 18 de decembro. [dead link] O 18 de decembro, a banda levou a cabo con éxito o seu primeiro concerto en vivo no Nippon Budokan. Representaron un total de 21 cancións que incluían os seus últimos singles. Este concerto foi a última actuación de Enzel co grupo. Despois do concerto fíxose outro anuncio dun novo single, "Sakura Mitsutsuki", que sería publicado o 13 de marzo de 2013, tamén para ser utilizado como o opening do anime Gintama no mes de xaneiro.«SPYAIR holds their 1st live at Nippon Budokan + new single announcement». tokyohive.com. 2012-12-19.
O 23 de setembro de 2013, o seu terceiro álbum, Million, publicouse no Reino Unido, Europa, e Rusia por JPU Records. A edición en CD incluía tres pistas adicionais; "Last Moment", "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)", e "My World".
Un mes despois, o 11 de outubro de 2013, o seu single "Just One Life" usouse como o primeiro opening do anime "Samurai Flamenco" e o seu novo single "Imagination" publicado o 6 de abril de 2014 como o opening do anime Haikyuu!!. "I'm a believer" publicouse e utilizou como o segundo opening do anime Haikyuu!!, na súa segunda tempada.
Membros Ike (Voz). Uz (Programación/guitarra). Momiken (Baixo). Kenta (Batería).
Antigo membro DJ Enzel (DJ)«Profile | Spyair Official Web Site» . .
Discografía
Álbums Rockin' the World (2011). Just Do It (2012). Million (2013). BEST (2014). 4 (2015).
Sinxelos "Liar" (2010) (Tema de Hammer Session (Serie TV)). "Last Moment" (2010) (Bleach 25º ending). "Japanication" (2011). "Samurai Heart (Some Like It Hot!!)" (2011) (Gintama 17º ending). "Beautiful Days" (2011) (Tema de Don Quixote (Serie de TV)). "My World" (2012) (Gundam Age segundo ending). "0 Game" (2012) (Tema de The Amazing Spider-Man). "Naked" (2012). "Wendy ~It's You~" (2012). "Sakura Mitsu Tsuki (2013) (Gintama 13º opening). "Niji" (2013) (Tema de Sennyu Tantei Tokage) "Genjo Destruction" (2013) (Tema de Gintama: The Movie: The Final Chapter: Be Forever Yorozuya). "Just One Life" (2013) (Tema de Samurai Flamenco). "Imagination" (2014) (Haikyuu!! primeiro opening). "Glory" (2014). "Rockin' Out" (2015). "Fire Starter" (2015). "I'm A Believer" (2015) (Haikyuu!! primeiro opening da segunda temporada).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 2005 Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de rock alternativo