Tarsius é un xénero de mamíferos primates haplorrinos tarsiiformes, o tipo da súa única familia actual, a dos tarsíidos.<ref name=M>Tarsius en MSW.</ref>

Durante moito tempo pensouse que era o único xénero da familia,Tarsiidae en MSW. pero nos últimos anos (década do 2010), varios descubrimentos levaron a algúns expertos a reconsideraren o taxon, e houbo autores que propuxeron dividilo en tres xéneros diferentes: Tarsius, CarlitoGroves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae" International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082. e Cephalopachus,Brandon-Jones, D.; Eudey, A. A.; Geissmann, T.; Groves, C. P.; Melnick D. J.; Morales, J. C.; Shekelle, M. & Stewart, C. B. (2004): "Asian Primate Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97–164.

Comprende varias especies que son coñecidas vulgarmente como tarsios,Gran dicionario Xerais da lingua (2009): tarsio s. m. Mamífero primate, o único (sic) da familia dos dos társidos (sic) e da suborde (sic) dos tarsiformes (sic) (Tarsius sp.), nocturno, de pequeno tamaño, con grandes ollos e dedos longos rematados nun disco adhesivo [propio de Indonesia e Filipinas]. caracterizadas polos seus grandes ollos, e polas súas mans e os seus pés moi desenvolvidos e acabados en dedos longos rematados nun disco adhesivo, que habitan nas selvas de varias illas do sueste asiático.

Durante moitos anos estas especies, como todas as dos tarsiiformes, foron clasificados dentro dos prosimios,VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 290. pero foron separadas deles porque comparten varias características cos simios.

Taxonomía Unha taxonomía complicada A clasificación dos tarsios foi, durante moito tempo, confusa. Xa en 1780 Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. London / New York: Routledge. ISBN 978-0-1318-9332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.

Daquela cuñou o novo xénero, Tarsius, para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).

Descrición Como quedou dito, o xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr en Prodr. Meth. Mamm.: 33'''.

Etimoloxía O nome científico Tarsius deriva do latín tarsus, aludindo á lonxitude dos ósos tarsianos destes animais.Tarsius no Merriam-Webster Dictionary.

Sinonimia Ademais de polo nome de Tarsius, ao longo da historia este xénero foi tamén coñecido polos sinónimos seguintes:Cephalopachus Swainson, 1835Hypsicebus Lesson, 1840Macrotarsus Link, 1795Rabienus Gray, 1821

Clasificación Como quedou dito máis arriba, a clasificación do xénero está actualmente controvertida. A xeito de exemplo, danse a continuación unha clasificación "clásica", a de Mammalian Species of the World e outra máis moderna, a de Paleobiology Database.

— Segundo Mammal Species of the World

Familia Tarsiidae Gray, 1825 Xénero Tarsius Storr, 1780 Tarsius bancanus Horsfield, 1821 Tarsius bancanus bancanus Horsfield, 1821 Tarsius bancanus borneanus Elliot, 1910 Tarsius bancanus saltator Elliot, 1910 Tarsius dentatus Miller & Hollister, 1921 Tarsius pelengensis Sody, 1949 Tarsius pumilus Miller & Hollister, 1921 Tarsius sangirensis Meyer, 1897 Tarsius syrichta (Linnaeus, 1758) — Hoxe Carlito syrichta (Linnaeus, 1758) Tarsius tarsier (Erxleben, 1777)

— Segundo Paleobiology Database Tarsiiformes na EOL.

Familia Tarsiidae Gray, 1825 Xénero Tarsius Storr, 1780 Tarsius dentatus Miller & Hollister, 1921 Tarsius eocaenus Beard et al., 1994 Tarsius fuscus Fischer, 1804 Tarsius lariang Merker & Groves, 2006 Tarsius pelengensis Sody, 1949 Tarsius pumilus Miller & Hollister, 1921 Tarsius sangirensis Meyer, 1897 Tarsius sirindhornae Chaimanee et al., 2011 Tarsius tarsier (Erxleben, 1777) Tarsius thailandica Ginsburg & Mein, 1987 Tarsius thailandica Ginsburg & Mein, 1987 Tarsius tumpara Shekelle, Groves, Merker & J. Supriatna, 2008 Tarsius wallacei Merker et al., 2010

Nota: para outras clasificacións véxase Tarsiiformes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P.; E. Simons & S. Gursky, eds. (2003): Tarsiers: past, present, and future''. EUA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Ligazóns externas TARSIERS (Tarsiidae) en szgdocent.org Tarsiiformes no NCBI. Tarsiidae no CITES. Tarsiidae no ITIS.

Categoría:Primates