Ivana Baquero Macías, nada en Barcelona o 11 de xuño de 1994, é unha actriz catalá que, en 2007, con 12 anos foi a gañadora máis nova dos Premios Goya á mellor actriz revelación pola súa interpretación na película El laberinto del fauno.
Biografía Vive en Barcelona. A primeira película na que actuou foi Romasanta. La caza de la bestia (2003) con Elsa Pataky, dirixida por Paco Plaza. A súa segunda película foi Rottweiler, cun pequeno papel como a filla da protagonista. A terceira, de terror, foi Películas para no dormir: Cuento de navidad, dirixida por Paco Plaza, e na que é un dos principais personaxes. A cuarta foi Maria I Assou, para a televisión de Cataluña. A quinta foi Fráxiles, dirixida por Jaume Balagueró; na que interpretou a Mandy. A sexta foi El laberinto del fauno, dirixida por Guillermo del Toro, onde é a protagonista absoluta da historia, interpretando a fantasiosa nena Ofelia. Fala inglés, castelán, catalán e francés.
En 2009 finalizou a película estadounidense The New Daughter, onde interpretou a Louisa, a filla de Kevin Costner. En xuño de 2015 rodou The Shannara Chronicles (TNT) en Nova Zelandia, que foi estreada para televisión en 2016.
Compaxina a súa carreira de actriz cos estudos de Dereito.
Películas The Shannara Chronicles (2016) El club de los incomprendidos (2014), dirixida por Carlos Sedes Gelo,dirixida por Luis Galvão Teles (2014) Another me, dirixida por Isabel Coixet (2013) The red Virgin, curta dirixida por Sheila Pye (2011). Hildegart Rodríguez Absència, curta dirixido por Javi Muñoz (2010). La otra hija, dirixida por Luis Berdejo (2009). La mujer del anarquista, dirixida por Peter Sehr e Marie Nöelle (2008). El laberinto del fauno, dirixida por Guillermo del Toro (2006). Películas para no dormir: Cuento de navidad, dirixida por Paco Plaza (2006). Frágiles, dirixida por Jaume Balagueró (2005). María y Assou, dirixida por Silvia Quer (2005). Rottweiler, dirixida por Brian Yuzna (2004). Romasanta. La caza de la bestia, dirixida por Paco Plaza (2003).
Premios miniatura|Ivana Baquero xunto a Guillermo del Toro. Premio Goya 2007.
Nomeamentos Young Artist Award: Best Performance in an International Feature Film - Leading Young Actor or Actress (El laberinto del fauno'). Cinema Writers Circle (Spain): Best New Artist (Premio Revelación) (El laberinto del fauno). Chicago Film Critics Association Awards: Most Promising Performer (El laberinto del fauno). Broadcast Film Critics Association Awards: Best Young Actress (El laberinto del fauno). Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films: Best Performance by a Younger Actor (El laberinto del fauno). Premis Butaca 2007: Best Catalan Actress (El laberinto del fauno).
Obtidos Turia Awards: New Best Actress (El laberinto del fauno). Spanish Actors Union: Female (Categoría Femenina) (El laberinto del fauno). Premios ACE: Best New Actress (El laberinto del fauno). Premios Goya 2007: Mellor Actriz Revelación (El laberinto del fauno). Saturn Awards: Best Performance by a Younger Actor (El laberinto del fauno). Imagen Awards: Best Actress (El laberinto del fauno).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio Web Oficial Ivana Baquero en Instagram Ficha en Imdb
Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1994