miniatura|230px|Mapa do arquipélago de Banggai, mostrando a situación da illa de Peleng.

Tarsius pelengensis é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius,<ref>Groves, C. P. (2005): "Order Primates" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World, pp. 127–128.</ref> coñecido na bibliografía internacional como tarsio de Peleng, endémica das selvas da illa de Peleng, Indonesia, preto da de Célebes.Shekelle, M., Salim, A., Groves, C. P. & Indrawan, M. (2008): Tarsius pelengensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 21-02-2016.

Taxonomía

A especie foi definida en 1949 polo zoólogo neerlandés Henri Jacob Victor Sody en "Notes on some primates, carnívora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia 20: 121-190.Becking, J. H. (1987): [https://books.google.es/books?id=eM0UAAAAIAAJ&pg=PA1&lpg=PA1&dq=Sody,+H.+J.+V.+zoologist&source=bl&ots=M7j-XHB2R6&sig=7CEBHC0kxC8fSnwOGYHp6CX3IbQ&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwiXzOeNqInLAhXKXRQKHaEyAPAQ6AEIGzAA#v=onepage&q=Sody%2C%20H.%20J.%20V.%20zoologist&f=false Hernri Jacob Victor Sody (1892-1959). His Life and Work. A Biographical and Bibliographical Study].

Durante un tempo coñeceuse como Tarsius spectrum pelengensis, porque se pensou que era unha subespecie de Tarsius spectrum,Tarsius pelengensis en Fossilworks. da veciña illa de Célebes (Sulawesi), pero Groves e Shekelle confirmaron no ano 2000 que se trataba dunha especie independente do xénero Tarsius.Groves & M. Shekelle (2010): "The genera and species of Tarsiidae". International Journal of Primatology 31: 1071-1082.

Catacterísticas É un tarsio de moi pequeno tamaño: os adultos pesan uns 165 g.Tarsius pelengensis na EOL.

Morfoloxicamente é moi semellante a outros tarsios, pero Groves confirma que se trata dunha especie distinta.Groves, Colin P. (2001).

As súas vocalizacións mostran moitas similitudes superficiais obvias con Tarsius dentatus, e podería estar relacionado con esa especie.

Hábitat e distribuciónTarsius pelengensis distribúese pola illa de Peleng, fronte as costas da península oriental da de Célebes, en bosques tropicais até unha altitude de 520 m.Heri Jacob Victor Sody (1949): "Notes on some primates, carnivora and the babirusa from the Indo-Malayan and Indo-Australian regions". Treubia 20: 121-190.

Hai informes, non confirmados, de que poden existir poboacións de Tarsius pelengensis noutras illas do arquipélago Banggai; de confirmárense estes informes, ampliaríase a área de distribución da especie.

Esta especie non está ben estudada, e crese que vive en bosques primarios e secundarios, en selvas das terras baixas e en mangleiros.

Costumes Igual que outros tarsios, mostran adaptacións extremas para aferrarse verticalmente aos troncos de árbores e arbustos, e para saltar dunha planta a outra, no sotobosque de hábitats tropicais adecuados, a miúdo a 2 m do solo, ou menos.

Son nocturnos, sociais, que adoitan viviren en pequenos grupos, monógamos ou polígamos, formados por 2 a 6 exemplares.

Aliméntanse de presas vivas, principalmente insectos e outros artrópodos, e algúns pequenos vertebrados.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) en 2008 cualificou o status desta especie como EN (en perigo) debido a que habita soamente na illa de Peleng, con varios núcleos de poboacións fragmentados nunha área menor de 5.000 km², e crese que a poboación total está declinando continuamente pola degradación dos seus hábitats.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA & Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-5609-8872-X. Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-0790-9508-9. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future''. New Brunswick, New Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Ligazóns externas Tarsius pelengensis na EOL . Tarsius pelengensis en Fossilworks.

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1949