Sotu'l Barcu (en castelán: Soto del Barco) é un concello do Principado de Asturias. En 2019 tiña unha poboación de 3.866 habitantes.

Xeografía Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Castrillón, ao oeste co río Nalón que fai de fronteira con Pravia e Muros, e ao sur con Candamu e Pravia. Atópase xunto á desembocadura do río Nalón e a súa costa está ocupada pola extensa praia dos Quebrantos. 250px|thumb|Praia dos Quebrantos.

Demografía

Fonte: INE Arquivo

Parroquias Está formado polas parroquias de La Corrada, Ranón, Riberas e Sotu. As principais vilas do concello son a capital Sotu, na parroquia homónima, e L'Arena (en castelán San Juan de la Arena), na parroquia de Ranón.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello