Aromatum Chaos é unha depresión profunda, no que se considera un terreo caótico. É o nacemento da canle Ravi Vallis, e está situado no extremo oriental de Xanthe Terra, no cuadrángulo de Margaritifer Sinus (MC-19) de Marte, situado sobre as coordenadas . Aromatum Chaos ten unha lonxitude de 91,5 km (e 72,8 km. segundo a web do USGS), e ten unha anchura media de preto de 30 km.
A profundidade máxima do chan de Aromatum Chaos foi estimada nuns 3,45 respecto do seu bordo. A profundidade media dos dous terzos occidentais da depresión de Aromatum Chaos é de preto de 1,64 km, e da restante parte oriental, preto dun terzo da superficie, estímase nuns 1,2 km de profundidade respecto do bordo da depresión (usando datos topográficos do MOLA). Así pois, a profundidade media é duns 1,49 km.
Pénsase que a depresión de Aromatum CHaos e a veciña canle de Ravi Vallis foron causados polas interaccións do criovulcanismo, que inclúen unha combinación diques e peitorís, que fenderon a criosfera que estaba baixo da superficie, coma se fose a perforación dun acuífero, dando coma resultado a liberación de grandes cantidades de auga. Pola outra banda, provocou o colapso da codia terrestre, creando a depresión de Aromatum Chaos, e unha inundación catastrófica, que formou a canle de saída Ravi Vallis. A inundación estímase que durou entre 2 e 10 semanas.
As interaccións criovolcánicas coma as que tiveron lugar en Aromatum Chaos, e as inundacións catastróficas resultantes que formaron a veciña canle de saída Ravi Vallis, tamén se sabe que tiveron lugar noutras partes de Marte, coma por exemplo en Kasei VallesKeskea, A., C. Hamilton, A. McEwen, I. Daubar. Episodes of fluvial and volcanic activity in Mangala Valles, Mars. Icarus:245, 333-347. e Mangala Valles.
Galería Mapas topográfico feitos co (MOLA) da rexión Margaritifer Sinus de Marte que amosan a localización de numerosos vales e rexións caóticas, incluíndo Aromatum Chaos (a pequena área triangular) e Ravi Vallis, ambos están no interior de Xanthe Terra. Aromatum Chaos é pequeno cando se compara con outros terreos caóticos dos arredores; está situado nas esquinas esquerdas superiores () dos dous mapas de primeira ringleira, preto do ecuador.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xanthe Terra
Categoría:Marte