Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.

Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.

Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Discogs.com Wiki de Discogs

Categoría:Bases de datos Categoría:Sitios web de música