El Productor foi un semanario editado na Coruña en 1896.
Historia e características Subtitulado Semanario Obrero, apareceu o 13 de setembro de 1896.El Eco de Galicia, 29-9-1896, p. 2. Veu substituír a El Corsario na súa segunda época logo da súa desaparición como consecuencia da campaña emprendida polos anarquistas herculinos contra a Guerra de Cuba e a prol da súa independencia. Entre os seus colaboradores figuraron Benito Cadavid, José Sanjurjo, Marcial Lores e “Urania”. Cesou co número 5 o 8 de outubro de 1896.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1896 en Galicia