miniatura|250px|Eledone moschata.

Eledone é un xénero de moluscos cefalópodos da familia dos octopódidos.Eledone Leach, 1817 no WoRMS.Eledone no ITIS.

As súas especies distribúense principalmente polo océano Atlántico (norte e sur), agás unha delas, E. palari, que se rexistrou desde o suroeste do océano Pacífico e o Índico oriental, até augas ao redor de Indonesia e Australia, e outra, E. microsicya, no océano Índico occidental.

Taxonomía Descrición O xénero Eledone foi descrito en 1817 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach.

Etimoloxía Leach tirou o nome científico latino Eledone do grego antigo ἐλεδώνη eledónē, nome dunha certa especie de polbo.eledone en MyEtymology.Senning, Alexander (2007):Elsevier's Dictionaty of Chemoetymology. Amsterdam etc.: Elsevier B. V. ISBN 978-0-4445-2239-9, p. 128.

Especies Segundo o World Register of Marine Species (WoRMS), recoñécense na actualidade as seguientes especies: Eledone caparti Adam, 1950 Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798) Eledone gaucha Haimovici, 1988 Eledone massyae Voss, 1964 Eledone moschata (Lamarck, 1798) Eledone palari Lu & Stranks, 1992 Eledone shultzei (Hoyle, 1910)

Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT, ou ITIS, en inglés) considera como válidas as especies:

Eledone caparti Eledone cirrhosa Eledone gaucha Eledone gaucha Eledone massyae Eledone microsicya Eledone moschata Eledone palari Eledone thysanophora

Antigamente considerábase tamén como membros deste xénero as especies Eledone aldrovandi Montfort, 1802, hoxe identificada con Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798). Eledone aldrovandi Montfort, 1802 no WoRMS. e Eledone thysanophora Voss, 1962, aceptada hoxe como Eledone schultzei (Hoyle, 1910).Eledone thysanophora Voss, 1962 no WoRMS.Eledone thysanophora Voss, 1962 no African Register of Marine Species.

Polo que respecta a Eledone nigra, trátase dunha especie case descoñecida, descrita polo zoólogo británico William Evans Hoyle en 1910,Hoyle, W. E. (1910): Mollusca: Cephalopoda. Zoologische und anthropologische Ergebnisse einer Forschungsreise im westlichen und zentralen Sudafrika ausgefuhrt in den Jahren 1903-1905, 4 (1): 261-268, da que se examinaron un macho e seis femias, exemplares que foron capturados na baía de Luderitz, Namibia, e que só se registrou posteriormente, en 1938, 1941 e 1991, sempre na citada baía.Villanueva, R & Sanchez P. (1993): "Cephalopods of the Benguela Current off Namibia; New additions and consideration on the genus Lycoteuthis", J. Nat. Hist. 27: 15-46.

En Galicia En augas galegas, de todas as especies citadas máis arriba só se rexistrou Eledone cirrhosa (Lamarck, 1798), citada como Eledone aldrovandii (Raf.) por Ríos Panisse,Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 76-77. e como Eledone cirrosa (Lamarck, 1798) e Eledone aldrovandii (Lamarck) por R. Ramonell.Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, pp.164-165. que vive en areais na zona da plataforma continental, onde é moi abundante e obxecto de pesca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Abbott, N. Joan e Roddy Williamson, Linda Maddock (1995): Cephalopod Neurobiology. Oxford University Press. ISBN 0-19-854790-0. Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca" in: Costello, M. J. et al., eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Patrimoines Naturels. 50: 180-213. ISBN 2-8565-3538-0. Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0. Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6. Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. "Cephalopoda (Cefalópodos)". Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2, pp. 160–169. Stevens, Martin & Sami Merilaita (2011): Animal camouflage: mechanisms and function. Cambridge University Press. ISBN 0-521-19911-5.

Outros artigos Moluscos Cefalópodos Polbo cabezudo

Ligazóns externas Eledone na EOL. Eledone en Tree of Life. Especies de Eledone en Catalogue of Life: 29th, xaneiro de 2016. Species 2000 ITIS.

Categoría:Cefalópodos Categoría:Produtos da pesca