Nos moluscos denomínase masa visceral ou saco visceral ao conxunto que agrupa a maioría das vísceras, é dicir, os órganos internos. A masa visceral está cuberta por unha delgada túnica chamada manto, que é o encargado de segregar a cuncha da maioría dos moluscos, que pode ser externa ou interna, segundo os casos (ou mesmo estar ausente), e que serve de protección e/ou esqueleto e/ou de reguladora da flotación (como, por exemplo, nas sepias).

Categoría:Moluscos Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos