Unha erección póstuma, erección post mortem ou erección terminal é unha erección acontecida con posterioridade ao falecemento do individuo, tecnicamente un priapismo. Trátase dun fenómeno fisiolóxico observado nos cadáveres de homes finados en circunstancias violentas, por exemplo executados, mais sobre todo enforcadosA Compendium of practical medicine for the use of students and practitioners of medicine, de Willis Webster Grube (Hadley Co., 1897). (neste último caso, o fenómeno atribúese á presión no cerebelo, propiciado pola sogaAnomalies and Curiosities of Medicine, de George M. Gould e Walter L. Pyle (1900)).
Por outra banda, as lesións na medula espiñal e no cerebelo están sempre asociadas co priapismo en pacientes vivos.
A morte por enforcamento afecta tanto aos xenitais masculinos coma femininos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rigor mortis
Categoría:Sexualidade humana Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Síntomas