Circle Jerks (estilizado como Ciʀcle JƎʀᴋs) foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en 1979 nos Ánxeles (California). O grupo fundárono o antigo vocalista de Black Flag Keith Morris e o guitarrista de Redd Kross Greg Hetson. Circle Jerks estivo entre as primeiras bandas de hardcore punk da escena da cidade de finais da década dos 70.
O grupo separouse e reformouse tres veces, ás veces con diferentes baixistas ou baterías. Disolveuse por vez primeira tras a publicación do seu quinto álbum, VI (1987), cando Hetson decidiu continuar xirando e editando discos con Bad Religion. Reuniuse ao redor de 1994 e gravou o álbum Oddities, Abnormalities and Curiosities durante o seguinte ano tras o que realizaron unha xira. Despois disto, Circle Jerks separouse novamente xa que Hetson aínda formaba parte de Bad Religion. Voltarían a xuntarse sobre 2001, pero dende o ano 2010 a banda está en hiato.
Ata a data Circle Jerks publicou seis álbums de estudio, un recompilatorio, un álbum ao vivo e un DVD. O seu derradeiro traballo de estudio, Oddities, Abnormalities and Curiosities, publicouse en 1995 e é o seu único disco de reunión.
Moitos artistas e grupos recentes teñen citado a Circle Jerks como influencia, como Flea, Anti-Flag, Dropkick Murphys, The Offspring e Pennywise.
Discografía Álbum Ano Selo Group Sex 1980 Frontier Records Wild in the Streets 1982 Faulty Products, Frontier Golden Shower of Hits 1983 Allegiance Wonderful 1985 Combat Records VI 1987 Combat Records Oddities, Abnormalities and Curiosities 1995 Polygram
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1979