250px|miniatura|Vista da localidade de Limpias. Limpias é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Asón-Agüera. Tiña unha poboación de 1.815 habitantes en 2015.

Limita cos municipios de Voto e Colindres ao oeste, Laredo ao norte, Liendo ao leste e Ampuero ao sur. Atópase no curso baixo do río Asón, pouco antes de que pase a chamarse ría de Limpias antes de desembocar no mar Cantábrico.

Está formado polas localidades de Limpias e Seña. Entre o seu patrimonio destacan o Santuario do Cristo da Agonía, a Casa e torre de Palacio e varias casas blasonadas.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos de Cantabria