miniatura|300px|Praia de Riazor na noite de San Xoán. O concello da Coruña, situado no Golfo Ártabro, conta con 15 praias e algúns coídos.Na guía de praias do Ministerio de Medio Ambiente aparecen tamén como praias A Cetaria, no Portiño e Punta Herminia

A maior parte da cidade que ten costa á ría está ocupada polo porto, polo que a maioría das praias están no resto da costa.

As praias As praias da Coruña son as seguintes: Nome Situación Características Imaxe CoordenadasPraia de Bens Bens 200px Praia da illa Redonda Bens Praia do Portiño ou cala de San Pedro A Seavella ou O Portiño 200px Praia de San Roque-Cetaria San Roque de Fóra Recibe o nome por estar situada a carón dunha cetaria. 200px Praia de San Roque San Roque de Fóra 200px Praia de San Roque-Lino San Roque de Fóra Recibe o nome de Lino Albela, que construíu na praia unha estrutura para lavar area para a construción. 200px Praia de Riazor Enseada do Orzán 200px Praia do Orzán Enseada do Orzán 200px Praia do Matadoiro ou Berbiriana Enseada do Orzán Xunto á praia estivo situado o antigo matadoiro, demolido na década de 1980. 200px Praia das Amorosas ou Primorosas (nomes deturpados do orixinal As Morosas) As Lagoas O nome, As Morosas, reflicte nidiamente a súa condición: unha morea de pedras sen apenas area. 200px Praia das Lapas ou do Areal Península da Torre Áchase nunha pequena enseada de pouca fondura coñecida como a Lagoa; de aí o seu nome tradicional: areal da Lagoa. 200px Cala dos Mouros Polígono de Durmideiras Praia de tradición nudistaCinco playas nudistas para disfrutar de un día de sol en la comarca de A Coruña 200px Praia de Durmideiras ou Cala da Cuncha Polígono de Durmideiras 200px Praia de Santo Amaro Polígono de DurmideirasEnseada de Santo Amaro 200px Praia de Oza Oza Praia artificial construída en 1994 nas proximidades da antiga praia do Lazareto. 200px O Conchal ou Praia das XubiasAs Xuvias

Praias desaparecidas miniatura|Mapa da Coruña en 1847, onde aparecen as praias desaparecidas. O crecemento da cidade e as súas infraestruturas fixo que desaparecesen algunhas outras praias: Praia dos Pelamios, situada entre a Cidade Vella e o cemiterio de Santo Amaro, foi urbanizada e actualmente está baixo o paseo marítimo. Praia do Parrote, situada ao pé da muralla do Parrote, xunto ao antigo cárcere. Desapareceu coa ampliación do espazo da sociedade recreativa La Solana en 1968. Praia do Lazareto, situada nos Castros, xunto ao Sanatorio de Oza, foi empregada como lazareto e polos enfermos do sanatorio. Desapareceu en 1969 pola construción duns estaleiros. A ampliación do porto tamén provocou a desaparición das praias das Canas e de San Diego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Praias da provincia da Coruña Ligazóns externas Guía de praias do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España .

Playas de hoy con nombres de ayer ¿Cuántas playas hay en Coruña?