Conor Anthony McGregor (en ), nado en DublínUFC profile - Conor McGregor; accessed 4 November 2015. o 14 de xullo de 1988, é un loitador irlandés de artes marciais mixtas, que compite na Ultimate Fightning Championship (UFC). É o campión do peso lixeiro e do peso pluma da UFC. Durante a súa carreira, McGregor competiu como peso lixeiro, pluma e wélter. O peso de McGregor anda polos 77 kg. McGregor comezou a súa carreira no boxeo profesional no 2017. No seu primeiro encontro, foi derrotado por Floyd Mayweather Jr. por KO técnico.
Traxectoria Medrou no suburbio de Crumlin, no sur de Dublín onda se escolarizou nun Gaelscoil e Gaelcholáiste no nivel primario e secundario en Coláiste de híde en Tallaght, onde tamén desenvolveu a súa paixón xogadora no fútbol. Na súa xuventude, xogou para o Lourdes Club de Fútbol, e apoiou ó Manchester United F.C..
En 2006, McGregor mudouse coa súa familia a Lucan no oeste de Dublín, atendendo na Gaelcholáiste Coláiste Cois Life. Comezou como aprendiz nun curso de fontanaría. Mentres estaba en Lucan, comezou a boxear co futuro loitador da UFC, Tom Egan, que ensinou a McGregor como atacar e lle contaxiou a súa paixón por este tipo de loita.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1988 Categoría:Deportistas de Irlanda Categoría:Personalidades das artes marciais