A LU-652 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Bóveda e A Pobra do Brollón; atravesa os concellos de Bóveda, Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón. Ten unha lonxitude de 12,32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-546 en Bóveda e finaliza nun cruzamento coa N-120 na Pobra do Brollón.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:Bóveda Categoría:Monforte de Lemos Categoría:A Pobra do Brollón