Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2019 tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.

Xeografía e comunicacións A parroquia sitúase na zona sur do concello de Pontevedra, limitando ao norte con Tomeza e Marcón, ao sur e ao leste con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns (Ponte Caldelas) e ao oeste con Bértola, Figueirido e Vilaboa (Vilaboa). Pertence ao concello de Pontevedra desde 1960, pois antes formaba parte do entón anexionado concello de Ponte Sampaio xunto con esta parroquia, e que fora creado en 1833.

Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como O Toural (Vilaboa) ou Arcade (Soutomaior), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. Por esta parroquia discorre o Camiño Portugués.

Demografía Segundo o nomenclátor do Instituto Galego de Estatística para o ano 2019, a parroquia tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 núcleos de poboación. Isto supón unha diminución dun 12,9% respecto a 2009, e dun 20,9% respecto ao ano 1999.

Patrimonio No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares e parroquias Lugares da Canicouva

Parroquias de Pontevedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra

Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo