A dos estilomatófoross (Stylommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.WoRMS: An outline for the classification of Phylum Mollusca in taxonomic databases (texto completo en PDF).
É un grupo que reúne aos gasterópdos coñecidos como caracoiscaracol1 no dicionario da RAG. e lesmaslesma1 no dicionario da RAG. ou limachas.limacha no dicionario da RAG. Trátase polo tanto de moluscos case exclusivamente terrestres, en contraposición aos basomatóforos que, aínda que comparten con eles a particularidade de teren un pulmón, órgano da respiración aérea, volveron a un estilo de vida acuático.
As dúas sinapomorfias máis características das especies deste grupo son a presenza duna glándula pedia longa situada debaixo dunha membrana, e de dous pares de tentáculos retráctiles.
Características A maioría das especies desta orde (os caracois terrestres) presentan unha cuncha ben desenvolvida, no interior da cal o animal pode retraerse por completo. Noutras (as lesmas) a cuncha pode estar moi reducida ou mesmo falta. A diferenza dos basomatóforos, os condutos xenitais masculinos e femininos ábrense nun único orificio.VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados.
Taxonomía miniatura|250px|Dous espécimes de Elona quimperiana (caracol de Quimper), sobre un tocón. miniatura|250px|Lesma fotografada en Bares, A Coruña. Descrición A orde foi descrita en 1856 polo malacólogo alemán Adolf Schmidt.
Etimoloxía O nome científico Stylommatophora está construído cos elementos do latín científico styl-, tirado do grego antigo στὖλος stýlos, 'columna'; ommat-, derivado do grego ὄμμα, -ατος ómma, -atos, 'ollo'; -o- (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivado do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que levan os ollos en columnas', aludindo á posición dos seus ollos no extremo dos tentáculos.
Clasificación Unha clasificación en continua revisión Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Distintas consideracións sobre a categoría taxonómica do grupo
Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Stylommatophora é considerado como:
unha orde da subclase Pulmonata, en Animal Diversity Web.Pulmonata na ADW. da infraclase Pulmonata, no WoRMS. unha subordre da orde Pulmonata en Fauna Europaea.Suborde Stylommatophora en Fauna Europaea. unha infraorde da subclase Pulmonata en The Paleobiology Database. Non é considerado polo Sistema Integrado de Información Taxonómica,Stylommatophora non aparece no ITIS. Consultada o 08-03-2016. nin, polo tanto, no Catalogue of Life,Pulmonata non aparece no Catalogue of Life: 27th February 2016, en Species 2000, do ITIS. Consultada o 08-03-2016. nin pola IUCN.Pulmonata non aparece na Lista vermella da IUCN. Consultada o 08-03-2016.
Clasificacións tradicionais Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos estilomatóforos nas subordes dos Orthurethra e os Sigmurethra. Outros autores engaden a dos Elasmognatha.Stylommatophora no WoRMS..
Clasificacións modernas
Situación do grupo dos estilomatóforos (Stylommatophora) dentro da clase dos gasterópodos, segundo as modernas clasificacións:
Clase Gastropoda Clado Heterobranchia Clado Euthyneura Clado Panpulmonata Clado Eupulmonata Clado Systellommatophora Clado Stylommatophora
Notas
Véxase tamén
Bibliografía D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A. Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4. Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2. VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.
Outros artigos Moluscos Gasterópodos Pulmonados Basomatóforos
Ligazóns externas Stylommatophora na EOL. Stylommatophora no NCBI. Snail and Slug: Care, Species, Health and much more... (Caracois e limachas: coidados, especies, saúde e moito máis...) . El rincón de los caracoles (I) .
Categoría:Gasterópodos