200px|miniatura|Unidade móbil de RPA. A Radio del Principado de Asturias (RPA) é unha emisora de radio autonómica do Principado de Asturias. É a radio do Ente Público de Comunicación do Principado de Asturias e da Radiotelevisión del Principado de Asturias (RTPA). Comezou as súas emisións en probas a mediados do ano 2006 e empezou a emitir regularmente o 21 de decembro de 2007 ás 8:00 co espazo informativo "El día como viene", presentado por Xana Iglesias. Desde entón incorporáronse novos programas e a súa grella foi modificada en diversas ocasións.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de RTPA

Categoría:Emisoras de radio de España Categoría:Radiotelevisión del Principado de Asturias