ETB Sat é unha canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco, para a súa emisión en Europa.

Esta canle ten como obxectivo achegar a televisión e cultura vascas aos vascos de fóra da comunidade, tanto en España como en Europa, así como ao resto de cidadáns destas zonas.

Nesta canle sintetízanse a programación das dúas cadeas xeneralistas (ETB 1 e ETB 2) que posúe a ETB.

ETB Sat pódese ver en toda España a través de Movistar+ no dial 143 desde o 18 de novembro de 2014 xunto a outras canles autonómicas de España.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de EITB

Categoría:Euskal Telebista Categoría:Cadeas de televisión do País Vasco