Binn Ghulbain é unha montaña tabular de 526 m de altura no condado de Sligo, en Irlanda. Tamén é coñecida polo seu nome en inglés Benbulbin, e ás veces tamén Ben Bulben ou Benbulben. Forma parte das montañas Dartry e atópase nunha zona coñecida tamén como "o país de Yeats". Binn Ghulbain é un espazo protexido do condado de Sligo.

Ascenso A escalada pola cara norte é perigosa principalmente porque soporta o choque dos ventos fortes que chegan dende o Atlántico. Pola contra, a escalada pola cara sur é doada.

Na literatura O célebre poema Under Ben Bulben escrito por William Butler Yeats é basicamente unha descrición de Binn Ghulbain e do "país de Yeats". Foi a súa derradeira poesía e foi publicada no The Irish Times.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información turística Escalando Binn Ghulbain

Outros artigos Mesa (xeomorfoloxía)

Categoría:Xeografía de Irlanda