miniatura|Tumba de Arcadio Vilela Gárate no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Arcadio Vilela Gárate, nado en 1883 e finado na Coruña o 19 de maio de 1946, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Obtivo o título de profesor mercantil na Escola de Comercio. Foi secretario adxunto da Sociedad Oceanográfica na Coruña en 1911, e bibliotecario segundo da Liga de Amigos. Activo deportista, practicou tenis, xadrez, hockey, esgrima, equitación, remo e natación e foi presidente da Real Federación Galega de Fútbol. Redactor de El Ideal Gallego dende mediados dos anos trinta.
Pertenceu á milicia civil armada coñecida como Caballeros de La Coruña, responsable de moitos dos paseos realizados a simpatizantes da República, e foi secretario provincial de FET y de las JONS na Coruña en 1939. O 19 de maio de 1946 o comando de Manuel Bello Parga fixo un intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España no que resultou morto Arcadio Vilela.
Vida perosal Casou con Mercedes Ramudo en 1917. O seu fillo Arcadio Vilela Ramudo foi alférez provisional, mandou un Tabor de Regulares e participou na batalla do Ebro.
Recoñecementos O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa no franquismo. En aplicación da Lei da Memoria Histórica o seu nome foi cambiado por Rúa da Cultura en 2016Pepín Rivero pasa a llamarse Rúa da Educación y Arcadio Vilela, da Cultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Memoria y confusión Otrosidigo Asesinato de Arcadio Vilela Gárate (I) Asesinato de Arcadio Vilela Gárate (y II)
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1946