O Parque Nacional Port-Cros atópase na costa sur de Francia.
Datos de interese O Parque Nacional creouse no 1963 e corresponde a un parque marítimo, xa que protexe as illas de Port-Cros e Bagaud, e mailo illote de La Gabinière. A zona protexida abrangue 2.475 hectáreas.
Flora e Fauna A vexetación é a habitual nos ambientes mediterráneos: piñeiros, aciñeiras, érbedos e a uz branca, son as especies predominantes. Salientar a presenza da posidonia nos fondos mariños. Tamén é salientábel a existencia de corais, gorgonias, espirógrafos e unha gran variedade de peixes. Existen zonas específicas de protección, coma o Massif des Maures, para a tartaruga mediterránea (testudo hermanni).
Véxase tamén
Ligazóns externas Web do parque .
Categoría:Parques nacionais de Francia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1963