miniatura|250px|Larva de Psychroteuthis glacialis. miniatura|250px|Lura colorada (Loligo forbesii). miniatura|250px|Luras comúns (Loligo vulgaris). Aquarium Finisterrae, A Coruña.

A dos decapodiformes (Decapodiformes) é unha superorde de moluscos cefalópodos unha das dúas que integran a subclase dos coleoideos, que inclúe todas as especies que teñen dez brazos (oito curtos e dous longos), como as xibas (ou sepias), as luras, as potas e os chocos. A outra superorde é a dos octopodiformes (polbos e similares).

A superorde comprende uns 95 xéneros e 450 especies distribuídas en 31 familias. Moitas destas familias parecen formaren grupos naturais, pero a validez destes grupos aínda non se demostrou por métodos cladísticos.

Taxonomía Descrición A superorde foi definida, segundo algúns autores (The Tree of Life Web Project), en 1817 polo biólogo mariño inglés William Elford Leach.Young, R. E., Vecchione, M. & Mangold, K. M. (1922-2003) Decapodiformes Leach, 1817. Squids, cuttlefishes and their relatives The Tree of Life Web Project. Porén, outras autoridades outórganlle a descrición, no ano 1998, aos autores Young, Vecchione & Donovan (os dous primeiros, asinantes do traballo antecitado no Tree of Life).Superorder Decapodiformes Young, Vecchione & Donovan, 1998 no WoRMS.

Etimoloxías As etimoloxías, tanto do nome actualmente válido, Decapodiformes, como dos seus sinónimos, Decembrachiata e Decabrachia, fan referencia ao número de brazos destes cefalópodos (10): Decapodiformes: dos elementos do latín científico deca-, derivado do grego antigo δέκα déka, 'dez'; pod-, tirado do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', e -iformes, 'en forma de'. Decembrachiata: dos elementos latinos decem-, de decem, 'dez', e -brachiata plural neutro de -brachiatum, derivado do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'. Decabrachia: de deca- e -brachia, do grego βραχίων brachíōn, 'brazo'.

Clasificación

A clasidicación desta superorde está en discusión. De acordo con diferentes bases de datos, considéranse as seguintes ordes:

Segundo o WoRMS:

Superorde Decapodiformes Myopsida Oegopsida Sepiida Spirulida, e Teuthida (nomen dubium, inclúe [Myopsida + Oegopsida] pero non está demostrado que formen un clado)

Segundo o ITIS:Decabrachia no ITIS.

Superorde Decabrachia Sepiida Zittel, 1895 - xibas Sepiolida Fioroni, 1981 - xibas Spirulida Stolley, 1919 - a especie Spirula spirula Teuthida Naef, 1916 - luras

Segundo The Taxonomicon:Clasificación da superorde Decapodiformes Young et al., 1998 no Taxonomicon.

superorde Decapodiformes ? †Boletzkyida Spirulida Sepiida Sepiolida Teuthida

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Young, Richard E.; Vecchione, Michael & Donovan, Desmond T. (1998): "The evolution of coleoid cephalopods and their present biodiversity and ecology". South African Journal of Marine Science 20 (1): 393–420. Resumo.

Outros artigos Cefalópodos

Ligazóns externas The Taxonomicon: Superorder Decapodiformes A Geographical Information System (GIS) atlas of squid distribution in the Southern Ocean

Categoría:Cefalópodos Categoría:Produtos da pesca