Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada. miniatura|Chanzos pétreos na escaleira da Praza da Quintana, en Santiago de Compostela.

Denomínase chanzo, banzoDicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012; Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004 ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés. 

A parte vertical denomínase tabica ou alzadaDicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004. Pódense distinguir os seguintes tipos de chanzos: Chanzo curvo. Aquel cuxos bordos describen unha curva. Chanzo cadrado ou recto. O que ofrece igual ancho polas súas dúas caras. Chanzo de abano.Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004 O que pasa diagonalmente no relanzo dunha escaleira. Chanzo de ángulo. O que nas voltas ou ángulos das escaleiras serve de relanzo e é por conseguinte de maior anchura que os superiores. Chanzo de relanzo. O que forma o rebordo dun relanzo. Chanzo en declive. Aquel cuxa superficie superior está inclinada no canto de estar horizontal. Chanzo en semiángulo. O que está colocado inmediatamente encima ou debaixo dos de ángulo. Chanzo moldurado. O bordeado por unha moldura. Chanzo con realce. O que sobrevoa a tabica. Chanzo de arrancada. O máis baixo da escaleira. Chanzo triangular. O que está colocado seguindo os raios dun círculo.

Galería de imaxes

Notas

Este artigo incorpora material do Diccionario enciclopédio popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que se atopa no dominio público.

Categoría:Elementos arquitectónicos