Carol Henning Brown, nada en Salinas (California) o 27 de febreiro de 1902 e finada en Monterey o 8 de febreiro de 1983, foi unha marxista radical.

Vida Estivo casada con John Steinbeck entre 1930 e 1942, co que visitou a Unión Soviética en 1937.

En palabras de Janice Albert "Carol Henning era unha muller brillante e independente disposta a tipografar e asemade criticar concienciudamente a obra de Steinbeck. Era máis sociable có seu marido, que foi timido ata o final da súa vida. E de maneira máis importante, tiña consciencia social; lía os xornais e sabía de que maneira o colapso económico da nación afectaba a xente corrente". Parini, o biógrafo de Steinbeck, comenta, "O sentido de atropelo que lle dá a obras como De ratos e homes e The Grapes of Wrath a súa calada dignidade e forza moral é en parte un testemuño do impacto de Carol". Aínda que, evidentemente, a semente da influencia de Carol fora botada pola nai de Steinbeck, Olive Hamilton Steinbeck, quen tamén posuía unha "moral intransixente" coas inxustizas sociais. Carol Henning viviu en Carmel Valley.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficheiro do FBI Janice Albert sobre a influencia de Carol Henning sobre Steinbeck

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Salinas Categoría:Marxistas Categoría:Personalidades sen imaxes