miniatura|Tribunal da Chancelería de Delaware en Georgetown, especializado en materia mercantil. O Dereito mercantil é aquela rama do Dereito Privado que regula o conxunto de normas relativas aos comerciantes no exercicio da súa profesión, aos actos de comercio legalmente cualificados como tales e ás relacións xurídicas derivadas da realización destes actos.
Diferenciación co Dereito civil Para poder facer unha distinción entre Dereito civil e Dereito mercantil, pódese facer unha diferenciación relativa ás obrigacións e contratos. No Dereito español existen numerosas obrigacións e contratos que contan cunha dobre regulación civil e mercantil. Para diferencialas podemos atender a dous criterios: Criterio subxectivo, segundo o cal será mercantil calquera obrigación ou contrato que conte coa simple presenza dun empresario. Criterio obxectivo, segundo o cal un contrato será mercantil ou civil atendendo a súa natureza. No Dereito español optouse polo segundo criterio.
O artigo 2 do Código de Comercio de 1885 limita a materia mercantil aos actos de comercio. Porén, non se queda aquí e no se queda aquí e vai máis aló utilizando dous criterios suplementarios como o da inclusión e o da analoxía. O primeiro deles aparece no propio artigo 2 e di que será mercantil todo aquel contrato que estea incluído no Código de Comercio. O segundo criterio determina que aqueles contratos ou obrigacións que reúnan as características similares ás dun contrato regulado polo Código de Comercio, podería ser tamén considerado como mercantil.
Notas
Categoría:Dereito mercantil