West é unha empresa alemá de cigarros. É unha compañía de Imperial Tobacco.

Os seus cigarros véndense na maioría de países europeos agás no Reino Unido e Irlanda. A marca véndese en máis de 90 países do mundo.

Historia West introduciuse ao mercado alemán en 1981 e só estaba dispoñible en tendas de tabaco. En 1987 empezáronse a vender en supermercados. West é a segunda marca máis popular en Alemaña. Tamén está dispoñible en España.

Produtos Os seguintes produtos están dispoñibles: West Red, contén 10 mg de Alcatrán, 0,8 mg de Nicotina e 10 mg de Monóxido de carbono. West Silver, tamén coñecido como West Lixeiro, contén 7 mg de Alcatrán, 0,6 mg de Nicotina e 7 mg de Monóxido de carbono. West Blue, contén 4 mg de Alcatrán, 0,4 mg de Nicotina e 4 mg de Monóxido de carbono. West Rich Blue, contén 8 mg de Alcatrán, 0,7 mg de Nicotina e 8 mg de Monóxido de carbono West ICE, un cigarro de sabor a menta, contén 7 mg de Alcatrán, 0,6 mg de Nicotina e 7 mg de Monóxido de carbono

Publicidade West patrocinou a un pequeno equipo alemán de Fórmula 1 chamado Zakspeed de 1985 até 1990. Tamén patrocinou a McLaren de 1997 até 2005.

Categoría:Marcas de tabaco