A Asociación Cultural Xermolos é unha asociación nada en 1977 na comarca da Terra Chá (Guitiriz) co obxectivo de promover a cultura en numerosos ámbitos. Traxectoria Nacemento En 1976 un grupo de mozos e mozas interesados en facer algo pola mocidade de Guitiriz reúnense coa idea de facer un cineclub, organizan partidos de fútbol e fan varias xuntanzas. O derradeiro domingo de outubro dese mesmo ano, estes mozos reúnense nun bar con Alfonso Blanco Torrado, quen máis tarde será nomeado fundador da Asociación. A idea que xorde é a de formar unha asociación cultural que motive a creatividade da mocidade e do pobo en xeral.
En diversas xuntanzas compilan os seus obxectivos principais: promover a creatividade na vila e organizar actividades culturais, sen esquecer cada aldea e parroquia do concello. Porén outra asociación da vila, o CIT, comeza a poñer problemas e realízanse varias xuntanzas; non están a favor da existencia dunha nova asociación no lugar. Pese a estas disidencias, a Lei de Asociacións dálle a razón ao colectivo de Guitiriz, como se facían chamar.
Primeiros anos O 13 de febreiro de 1977 era legalizada, por fin, a asociación. A sociedade, que xa funcionaba desde había tempo, realiza no Nadal de 1976 o primeiro certame de poesías e contos con agasallos en libros e discos para os nenos participantes: Galicia canta ó neno. Mais é o 28 de marzo de 1977 cando é acollido por moita xente un dos actos máis significativos: unha conferencia de Antonio Fernández-Oca, o Axente de Extensión Agraria en Ribadeo, un home comprometido sempre con Galicia e cos labregos.
Estas conferencias e outras tantas xuntanzas serviron, a pesar das calumnias e ataques que continuamente recibían, para acoller así os problemas do Guitiriz rural. Realizaban deste modo un labor social e á vez social cultural en moitas das parroquias.
Pouco despois, o alcalde concédelles unha aula da antiga escola na que montan a primeira biblioteca da comarca, que se enche rapidamente de mozos e mozas de Guitiriz. Serve tamén como punto de encontro para moitos deles como lugar no que debater diferentes temas relevantes para a mocidade da época.
Segue o crecemento da asociación, que en 1980 crea o primeiro festival de música folk, cadrando coa Festa de Pardiñas, feira e festa da música e da arte. Ademais continúa funcionando a Escola Social Rural ou os Venres Culturais, con charlas e conferencias (cada vez máis concorridas) nas aldeas.
Xermolos Acuñan un novo nome para a asociación: Xermolos. Pese a este cambio, seguen en funcionamento dúas asociacións: a Asociación Cultural de Guitiriz: Xermolos, centrada nos maiores, e a Asociación Xuvenil Xermolos, para os máis novos. É entón cando ven necesario cambiar de local a un máis amplo e ben disposto, arranxado por eles mesmos. A necesidade de contar con locais propios para o resto de actividades fainos amañar tamén unha biblioteca, unha sala de música, unha sala de xogos, e máis lugares acomodados para as súas necesidades.
Continúan, ao mesmo tempo, os ataques por parte dos sectores máis arraigados pertencentes á represión do pasado, pero Xermolos responde a estes con máis actividade cultural: conferencias, cabalgatas etc.
A favor do labor social que levaban a cabo, poténcianse as festas patronais de varias parroquias aportando actividades culturais, e pouco a pouco vai medrando o número de socios. O Festival de Pardiñas, á súa vez, vaise convertendo na cita anual de moitas familias de Guitiriz, nomeándose a festa de todo o pobo.
A primeira actividade de Xermolos é recoñecida por dúas importantes institucións, o Instituto Español do Libro e a Radio Nacional de España, con dous premios. Ao mesmo tempo, o labor social segue adiante, con focos de interese como a escolarización da mocidade e a problemática dos discapacitados.
O primeiro libro É no ano 1987 cando Xermolos publica o seu primeiro libro.
Un tempo despois, o 12 de decembro de 1987, a asociación realiza unha homenaxe a Xosé María Díaz Castro, un dos mellores poetas galegos da posguerra e de Guitiriz. Esta homenaxe consiste en varias "táboas redondas" sobre a significación do poeta e a súa traxectoria. Lévase a cabo tamén un xantar no que participan a meirande parte dos escritores galegos da época, máis vellos e máis novos. Finalmente unha doenza cardíaca de Xosé María Díaz Castro impide que estes actos se celebren. A pesar diso a asociación segue loitando, ao longo dos anos, polo recoñecemento social da obra deste autor.
En canto ao ámbito deportivo, sempre presente como elemento fundamental das actividades culturais da Asociación, celébranse nesta etapa actividades como o Maratón de Pardiñas, a Festa da Bicicleta, fanse equipos de baloncesto etc.
Neste momento os membros da Asociación decátanse de que o eido cultural non só debería estar presente na zona na que se moven, Guitiriz e a Terra Chá, así que estenden as súas actividades ao ámbito da bisbarra.
Artellamento interno da Asociación e actualidade O ano 1987 foi realmente conflitivo para Guitiriz e para Xermolos. Por un lado Sidegasa, unha siderurxia na que traballan varios membros da asociación, vese ameazada pola reconversión. Por outro, aparecen conflitos como o do intento de depositar os bidóns do Casón no Campamento de Santa Cruz de Parga. Xermolos funciona entón como principal interventor, realizando o labor social que os caracterizou desde os seus inicios.
Pese a estes problemas, en 1988 prodúcese unha articulación interna da Asociación. Lévase a cabo un reforzo das bases da asociación e a creación duns equipos de traballo máis fortes, así como o comezo de publicación das súas "Follas Informativas".
Actualmente, a asociación segue funcionando dividida en tres campos: a Asociación Cultural, a Asociación Xuvenil e a Asociación Deportiva, cos seus respectivos equipos coordinadores, sempre animando á mocidade a que participe para renovar a Asociación Xermolos para que o seu labor se beneficie dos ideais das novas xeracións.
Colaboradores Existe unha gran variedade de autores que publicaron numerosos escritos destinados a colaborar na Asociación Cultural Xermolos. A continuación amósase unha táboa cos autores máis destacados e algúns dos seus artigos ata 1989, último ano que se recolle no libro 12 Anos na Búsqueda da Nosa Identidade. AutorArtigoXavier AlcaláGalicia: Doce anos de ciencia e tecnoloxíaEmilio Alonso Pimentel Doce anos de pop-rock en GaliciaL. Alonso Girgado
Xavier CastroDoce anos de poesía galega (1976-1988)L. Álvarez PousaDa cultura do cemento á cultura da comunicaciónEnrique I. AlvarellosDoce anos de vida coral galegaAntón BaamondeEnsaísimo: pensando o futuroAlfonso Barca LorenzoDoce anos de busca da nosa identidade a través da psicoloxía (1977-1988)X. R. Barreiro FernándezA cultura galega a exame: 1975-1990Carmen Blanco GarcíaO ensaio feministaXan BouzadaGalicia: do voluntarismo culturalista á animación socio-culturalLino BraxeUn paseo pola radio galegaManuel CaamañoUnha historia inacabadaDarío Xohán CabanaPregón do VII Festival de PardiñasRosa CalMedio cento de revistas culturais galegasFrancisco CarballoGalicia, a historia destes anosXurxo CastroA xuventude galega e o CXGXulio Cobas BrenllaOs nenos fan literaturaAntón CostaDez anos de educación en GaliciaXosé Chao RegoA nosa identidade como poboF. Díaz Fierros ViqueiraPresencia da ciencia en GaliciaLois DiéguezCultura e institucións públicasM. A. Fernán VelloPregón do IX Festival de PardiñasXosé Luis FoxoA imaxe da gaita e mailo gaiteiroX.. L. Franco GrandeDoce anos despoisVíctor F. FreixanesUnha feliz sementeiraManolo GonzálezNotas sobre a imaxe en Galicia nesta década (1977-1988)Eduardo GutiérrezReflexión limiar a un balance de dez anos de cultura galegaTereixa Ledo RegalA provincia de LugoDaniel López MuñozCambio e conflicto. Reorganiza-la utopía para os noventaXosé C. LorenzoIdentidades novas e vellasOscar LosadaDoce anos de música folk en GaliciaManuel LourenzoPolos vieiros do teatroManuel MaríaPregón do VI Festival de PardiñasX. R. Mariño FerroAntropoloxíaXulio Méndez MenéndezA recuperación do noso folkloreXosé Antón MiguélezCoplas da falaManuel Pampín1977-1988: O deporte galego sen rumboEduardo Pérez BaamondeGalicia: dez anos de artes plásticasVictorino PérezMocidade galega e postmodernidadeRoxelio Pérez MoreiraDespertar dunha conciencia ecolóxicaXosé Pérez VilariñoA aparición dos xoves na cultura galegaXesús Rábade ParedesA Terra Cha nalgúns dos seus intérpretesIsidoro RodríguezO concepto do folclore antes e agoraClaudio Rodríguez FerO verdadeiro textoBieito RubidoDoce anos para vivi-lo crecemento dos medios de comunicación en GaliciaXosé RubalApuntamentos para a historia da normalización lingüística 1977-1988Antón SantamarinaPregón do X Festival de PardiñasFelipe SenénPregón do VIII Festival de PardiñasXabier SenínA lecturaAnxo TarríoA narrativa galega desde 1975 ata hoxeXulio XizPregón do V Festival de Pardiñas
Disciplinas A Asociación abarca un territorio moi amplo de disciplinas e temas a tratar nas súas publicacións. Algúns exemplos son:
Antropoloxía Agro Utopías Ecoloxía Educación Psicoloxía Normalización Lingüística Poesía Galega Narrativa Galega
Teatro Ensaísmo e Ensaísmo Feminista Lectura Revistas Culturais Galegas Feminismo Artes Plásticas Arte tradicional da Terra Chá Deporte Música (música folk, pop-rock etc. )
Publicacións A asociación Xermolos publicou ao longo da súa traxectoria grande variedade de material: libros, revistas, cadernos e monografías.
Libros A maioría dos libros publicados por Xermolos son ou ben autoría de escritores propios da Terra Chá, ou ben sobre a Terra Chá. 12 Anos na Búsqueda da Nosa Identidade: recolle artículos de diferentes temas, todos eles escritos por colaboradores de Xermolos. Panxoliñas (Manuel María, 1992): 15 composicións de Nadal: 14 panxoliñas e un romance. Novena a Santa Isabel (Manuel María, 1995): explicación dos nove días nos que se celebra o culto á Gloriosa Santa Isabel na vila de Outeiro de Rei da Terra Chá. Manuel María (VV. AA, 2001): numerosos colaboradores repasan a vida de Manuel María e a súa ampla obra desde a terra onde naceu ata pequenos relatos e anécdotas. Homenaxe a Xosé María Díaz Catro (VV. AA, 1987): diversos escritores analizan minuciosamente as características da obra do poeta. Elexías á Miña Vida Pequeniña (Manuel María, 2004): composto por 13 elexías e un prólogo de Álvaro Cunqueiro. Datando Lembranzas (María Xosé Lamas, 2004): libro de poesía moi variado. Como dixo Marica Campos na presentación do libro, "é poesía sinxela, sincera e auténtica. Poesía musical como o vento da Terra Chá." Bibliografía de Manuel María (Camilo Gómez Torres, 2004): Explicación moi detallada da obra completa de Manuel María e incluso entrevistas. As Catro Augas (Xoán Neira, 2004): Poesía. A Terra Chá na Poesía de Manuel María (Camilo Gómez Torres, 2003): Analizan a natureza, a etnografía e a Terra Chá en relación coa obra do autor. Pregoeiro da Luz (VV. AA, 1993): Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, fundador e coordinador da Asociación Cultural Xermolos.
Revistas Follas Informativas, que animan a unirse á Asociación e a colaborar con ela. Revista A Carón: Cinco publicacións en 1995. Xermolos I Etapa (1977-1982). Xermolos II Etapa (1982-1992). Xermolos III Etapa (1992-2006) Xermolos IV Etapa (2007-2010). As últimas catro con varias publicacións sobre temas moi numerosos.
Cadernos Sobre a Terra Chá. As Nosas Raíces I Etapa. As Nosas Raíces II Etapa. Certame Terra Chá I Etapa 1992-2006. Certame Terra Chá II Etapa 2077-2011. Os Nosos Artesáns. Outras Actividades: camiño francés en bicicleta, volta a España a pé ou unha marcha cicloturista. Reseñas Históricas: sobre a historia de Xermolos.
Monográficos Guieiros. Letras Chairegas: escritores chairegos relevantes.
Outras actividades