A clorofila f é un tipo de clorofila, que funciona como pigmento fotosintético e absorbe máis luz infravermella que outras clorofilas. Foi atopada en cianobacterias de estromatólitos de Shark Bay en Australia Occidental por científicos da Universidade de Sydney dirixidos polo profesor Min Chen, e foi o primeiro descubrimento dunha nova forma de clorofila feito nos últimos 60 anos. Porén, a función da clorofila f nas reaccións fotosintéticas non está moi clara e a distribución ecolóxica desta clorofila é descoñecida.

Baseándose en datos de resonancia magnética nuclear (RMN), espectroscopia óptica e espectrometría de masas e en simulacións da teoría do funcional da densidade (DFT, density functional theory), confirmouse que ten unha estrutura de C55H70O6N4Mg ou [2-formil]-clorofila a.

Notas

Categoría:Tetrapirrois Categoría:Pigmentos fotosintéticos