Kranky Records é un selo discográfico independente estadounidense localizado en Chicago, Illinois. Fundárono en 1993 Bruce Adams, antigo publicista de Touch and Go Records, e Joel Leoschke, extraballador de Cargo Distribution. As bandas da etiqueta destacan por combinar influencias experimentais e a miúdo tamén electrónicas, con elementos de estruturas rock máis convencionais. Moitos dos seus artistas están inspirados ou móvense ao redor da música ambient, psicodélica e experimental.
A primeira edición de Kranky foi o álbum de estrea de Labradford, Prazision LP, en outubro do ano 1993. A partir dese momento Adams e Leoschke comezaron a fichar artistas de todo o mundo e de todo o espectro musical, destacando bandas como Low ou Godspeed You! Black Emperor. Adams deixou o selo no ano 2006 e Leoschke continuou encargándose de Kranky coa axuda de Brian Foote, da banda Nudge.
En xaneiro de 2020 Kranky tiña un catálogo de máis de 200 discos.
Artistas actuais notables
Atlas Sound Benoit Pioulard Belong Brian McBride Charalambides Chihei Hatakeyama Cloudland Canyon Dean Roberts Disappears Felix
Greg Davis Grouper Growing Steve Hauschildt Jessica Bailiff Jonas Reinhardt Keith Fullerton Whitman Labradford Lichens Loscil
Lotus Plaza Tara Jane O'Neil Pan•American Stars of the Lid The Dead Texan White Rainbow Windy & Carl A Winged Victory for the Sullen
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América