O hemisferio norte (ou boreal ou setentrional) é a metade da Terra ao norte do ecuador. Este hemisferio contén ó redor do 89-90% da poboación humana.
Nas rexións temperadas do hemisferio o inverno vai dende decembro ata febreiro e o verán vai dende xuño ata agosto.
Debido aos movementos da Terra, teoricamente os invernos do hemisferio norte deberían ser máis curtos e menos severos que os do hemisferio sur a latitudes equivalentes. Na práctica, os efectos moderadores dos océanos do hemisferio sur fan que sexan moi similares.
As rexións ao norte do Círculo Polar Ártico experimentan fases no verán nas que o sol nunca se pon, e fases no inverno nas que o sol nunca sae. A duración destas fases poden variar dende varios días nas zonas próximas ao círculo polar ata varios meses no Polo Norte.
Continentes e países no Hemisferio Norte miniatura|dereita|Hemisferio Norte Continentes no Hemisferio Norte: Asia Europa América do Norte e América Central Unha pequena parte de América do Sur As dúas terceiras partes de África
Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a África: Alxeria Benín Burkina Faso Camerún Cabo Verde República Centroafricana Chad Djibuti Exipto Eritrea Etiopía Gambia Ghana Guinea-Bissau Costa do Marfil Liberia Libia Malí Mauritania Marrocos Níxer Nixeria Senegal Serra Leoa Sudán Togo Tunisia Sáhara Occidental Guinea Ecuatorial Kenya San Tomé e Príncipe Somalia Uganda República Democrática do Congo Gabón República do Congo
Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a Asia: Illas Marshall Micronesia Palau
Países e territorios localizados plenamente ou en parte no hemisferio norte pertencentes a América do Sur:
Güiana Francesa Güiana Suriname Venezuela Colombia Brasil Ecuador
Categoría:Hemisferios