O termo Circo pode referirse a:
Circo, figura en forma de círculo; Circo romano, lugar onde os romanos realizaban espectáculos, con chanzos para os espectadores; Circo, recinto circular estable ou ambulante, onde os artistas realizan diversos exercicios de ximnasia, acrobacia, doma de animais, espectáculos de pallasos etc., para un público que está arredor do escenario; e por extensión o conxunto de exercicios e espectáculos que se fan nese recinto e as persoas relacionadas con este espectáculo; Circo de pulgas, circo miniatura no que disque actúan pulgas; Circo da Lúa, círculo de luz que arrodea a Lúa, auréola, circo da lúa, coroa, halo, limbo, nimbo; Circo lunar, forma de relevo que é propia da superficie lunar, cunha estrutura circular, os bordos elevados e a parte interna plana; Circo glaciario,Nome galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 depresión en forma de cunca, de paredes esgrevias formada en zonas de alta montaña pola acción erosiva dos glaciares; Glaciar de circo, tipo de glaciar que non se estende fóra do seu circo de acumulación ou con apenas lingua glaciaria; O circo, cadro do pintor francés Georges Pierre Seurat; The Circus (1928), filme de Charlie Chaplin; Цирк (1936), filme dirixido por Grigori Aleksandrov e protagonizada por Lyubov Orlova; El circo (1942), filme de Miguel M. Delgado e protagonizado por Mario Moreno "Cantinflas"; El circo, unha historieta de Mortadelo e Filemón; Circo Montecuruto, álbum de estudio do grupo galego de folk Os Cempés; Circo, grupo de rock de Porto Rico; El Circo, álbum da banda de rock mexicana Maldita Vecindad; Circus, álbum de 2008 de Britney Spears; Circus, álbum de 1994 de Eraserheads; Circus, álbum de 1995 de Lenny Kravitz; The Circus, álbum de 1987 de Erasure; The Circus, álbum de 2008 de Take That; El circo, 1996 canción de Los Tigres del Norte.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Circo, lugar da parroquia de Vilaselán, no concello de Ribadeo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Circos, lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello de Tui.