A zona reticular (zona reticularis) é a capa máis interna do córtex adrenal, e está situada debaixo da zona fasciculada e sobre a superficie da medula adrenal. As súas células están dispostas en cordóns que se proxectan en diferentes direccións, dándolle unha aparencia reticulada á que debe o seu nome.Histology: A Text and Atlas, 5th ed. Ross and Pawlina.
As células da zona reticular producen os precursores dos andróxenos, como a deshidroepiandrosterona (DHEA) e a androstenediona a partir de colesterol.Wheater's Functional Histology, 5th ed. Young, Lowe, Stevens and Heath. A DHEA é despois convertida en DHEA-sulfato pola acción do encima sulfotransferase, SULT2A1. Estes precursores non sofren máis transformacións nas células do córtex adrenal se estas carecen do encima 17beta hidroxiesteroide deshidroxenase (como ocorre en humanos), senón que son liberadas ao torrente sanguíneo e captadas polos testículos e ovarios para producir testosterona e estróxenos, respectivamente.
A hormona hipofisaria ACTH regula parcialmente a secreción de andróxenos adrenal,EMedicine, article 919077. Pediatric Adrenal Insufficiency (Addison Disease) e tamén o fai a CRH.
Nos humanos a capa reticular non contén o encima 17 alfa-hidroxilase; este encima hidroxila a pregnenolona, que é despois convertida en cortisol por unha oxidase de función mixta. En roedores, a falta de 17alfa-hidroxilase ten como resultado a síntese de corticosterona en vez de cortisol.
miniatura|200px|none|Corte do córtex adrenal. Opunteiro sinala a zona glomerulosa, debaixo está a capa fasciculada e a última capa é a capa granulosa.
Notas
Véxase tamén ligazóns externas
AnatomyAtlasesMicroscopic|15|292 - "Glándula adrenal"
Categoría:Sistema glandular Categoría:Endocrinoloxía