miniatura|Galileo Galilei considerado como un dos pais da física moderna Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.

Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.

Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.

O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences. Caracteristícas da Física como profesión Saídas laborais A física é unha ciencia que só é desenvolvida por aquelas persoas que se dedican á investigación. Con todo, a física ten unha gran cantidade de aplicacións técnicas no mundo real, o cal converte os licenciados ou graduados en física nuns dos profesionais con menor taxa de paro.Páxina do grao en Física da Universidade de Granada (UGR): Grado en Física

Debido á súa profunda formación en todas as ramas da física (mecánica, termodinámica, óptica, electromagnetismo, física do estado sólido, física cuántica, electrodinámica) e tamén en matemáticas (álxebra, análise matemática real e complexa, estatística,...), os físicos xeralmente teñen boas capacidades de análise e resolución de problemas técnicos. Por iso, non é de estrañar que os físicos hoxe en día se dediquen a: Produción de enerxía. Meteoroloxía e medio ambiente. Novos materiais. Óptica (por exemplo: desenvolvemento de materiais invisibles, pantallas en 3D, etc.). Biofísica e física da medicina (raios X, resonancia magnética, novos fármacos, etc.). Informática e simulación. Econofísica ou uso das ferramentas da Física aplicadas á economía para tratar de predicir os movementos da economía.

Profesión de minorías Tanto nos países en vías de desenvolvemento como nos do primeiro mundo, a proporción de físicos respecto do resto da poboación é pequena. É menor que a proporción de médicos e moito menor que a dos avogados."Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 267 §4. Profesión de persoas con amplos estudos O grao mínimo de estudos para dedicarse á investigación en física é a licenciatura en física ou algunha área afín, como enxeñaría, matemáticas ou química. Nos países do primeiro mundo a maioría dos físicos que traballan en universidades ou centros de investigación teñen un doutoramento.

En moitos países, un gran número de físicos con licenciatura dedícanse principalmente á docencia en bacharelato ou secundaria e a labores de computación. Os físicos con doutoramento dedícanse a desenvolver investigación en centros e laboratorios estatais ou privados, e a docencia nas universidades.

Profesión de baixo risco A expectativa de vida dos físicos respecto doutras profesións é alta. Malia isto, o índice de suicidios entre os físicos é un pouco maior que entre o resto da poboación, pero menor que entre os artistas."Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 269 §2. Honores e premios O honor máis alto outorgado hoxe en día aos físicos é o Premio Nobel de Física, premio outorgado desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Física Enxeñaría física Historia da fí­sica Ligazóns externas

Physicists and Astronomers; US Bureau of Labor Statistics, Occupational Outlook Handbook, Physicists and Astronomers

Categoría:Físicos