"Lazing on a Sunday Afternoon" é unha canción do grupo inglés Queen escrita polo falecido integrante do grupo Freddie Mercury.

A canción ten un estilo semellante á música de cabaré dos anos 1920. A voz de Mercury escóitase distorsionada, xa que a canta nunha xerra de cervexa. O tema foi lanzado no ano 1975 co famoso álbum A Night at the Opera. Ten unha duración de 1:07 minutos e é, xa que logo, a segunda canción máis curta de Queen, despois de "Dear Friends".

Categoría:Cancións de Queen