O factor de crecemento transformante beta 2 (TGF-β2) é unha proteína segregada que funciona como citocina e realiza moitas funcións celulares e ten un papel vital durante o desenvolvemento embrionario. Outros nomes que recibe son: factor supresor de células T derivado do glioblastoma, G-TSF, inhibidor do crecemento das células BSC-1, polierxina, cetermina. Está codificado polo xene TGFB2 do cromosoma 1 humano. Trátase dunha proteína extracelular glicosilada. Suprime os efectos dos tumores de células T dependentes de interleucina. Hai dúas variantes desta proteína, xeradas por empalme alternativo a partir de transcritos do mesmo xene.
A estrutura do TGF-2 foi determinada e o seu monómero ten un núcleo hidrofóbico e un pregamento non globular alongado. Presenta oito cisteínas que forman 4 pontes disulfuro intracadea agrupadas na rexión central formando unha rede complementaria de pontes de hidróxeno. Unha novena cisteína serve para formar un dímero mediante unha ponte de hidróxeno, o cal está estabilizado por dúas caras hidrofóbicas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Factor de crecemento transformante beta
Bibliografía
Categoría:Factores de crecemento