300px|miniatura|Aeronave involucrada no secuestro, nunha foto tomada en 2010. O secuestro do voo MS181 da compañía aérea EgyptAir foi un episodio que tivo lugar o 29 de marzo de 2016. Seif Eldin Mustafa, un pasaxeiro do voo que orixinalmente había de cubrir a ruta entre os aeroportos exipcios de Alexandría e O Cairo, ameazou con facer estoupar o aparello se os pilotos non aterraban en Larnaca, na illa de Chipre. Tras dunhas horas, todos os pasaxeiros foron liberados, quedando ceibes todos os reféns. O secuestrador foi arrestado á saída do avión, ao entregarse el mesmo sete horas máis tarde, sen que ninguén resultase ferido no incidente. Posteriormente comprobouse que o explosivo era falso.

A aeronave en cuestión tiña 12 anos desde que foi fabricada. Tratábase dun Airbus A320-200, rexistrada como SU-GCB, MSN 2079. O seu primeiro voo foi o 8 de xullo de 2003, e foi entregado a EgyptAir o 31 de outubro do mesmo ano.

O día 30 de marzo desde mesmo ano, fíxose viral unha selfie que un pasaxeiro tirou co secuestrador, Seif Eldin Mustafa. O autor da fotografía era un mozo de Leeds chamado Ben Innes, o cal afirmou que o motivo da selfie foi que "ao pensar que a bomba era real, en calquera caso non tiña nada que perder". Notas

Véxase tamén Outros artigos Voo 981 de Flydubai Ligazóns externas Un avión secuestrado en Chipre por amor? Reportaxe no xornal La Vanguardia

Categoría:2016 Categoría:Aviación Categoría:Secuestros de aeronaves