O Lupang Hinirang (Patria Adorada) é o himno nacional de Filipinas.

Contexto Foi creado como unha marcha instrumental, encargada por Emilio Aguinaldo, primeiro Presidente de Filipinas, a Julián Felipe para a proclamación da independencia filipina, o 12 de xuño de 1898.

Historia

O título orixinal en español foi Marcha Filipina Magdalo. Este cambiouse máis adiante a Marcha Nacional Filipina, no momento da súa adopción como Himno Nacional.

En agosto de 1899, o poeta e novo soldado José Palma escribiu un poema en español que se converteu na letra orixinal deste himno nacional. En 1938, o senador Camilo Osías e a estadounidense Mary A. Lane, traduciron a letra ao inglés, adoptándose esta versión como a oficial, baixo o nome de The Philippine Hymn.

Finalmente, durante a administración do presidente Ramón Magsaysay, o himno nacional foi traducido por Julián Cruz Balmaceda e Ildefonso Santos á súa lingua materna, o tagalo. Desde o 26 de maio de 1956 o himno nacional de Filipinas, Lupang Hinirang, cántase oficialmente en tagalo. Tras outras revisións de menor importancia, feitas en 1966, esta é a versión final que está en uso actualmente.

O Acto Republicano N.º 8491 prohibe que o himno nacional se interprete noutro idioma que non sexa o tagalo. Con todo, resístese a lei polos que falen outros idiomas filipinos.

Letra A letra do himno, en castelán, inglés e filipino tiveron status oficial ao longo da historia de Filipinas. Porén, na actualidade tan só a versión en filipino está recoñecida por lei. En 1998 publicouse a lei segundo a cal "o himno nacional debe ser interpretado sempre na lingua nacional dentro ou fora do país; a violación desta lei e sancionable cunha multa e pena de cárcere".

Contemporary restatements of and comments about the original text: ^ ^ Tierra adorada Hija del sol de Oriente, Su fuego ardiente En ti latiendo está.

¡Tierra de amores! Del heroísmo cuna, Los invasores No te hollarán jamás.

En tu azul cielo, en tus auras, En tus montes y en tu mar Esplende y late el poema De tu amada libertad.

Tu pabellón, que en las lides La victoria iluminó, No verá nunca apagados Sus estrellas ni su sol.

Tierra de dichas, del sol y amores, En tu regazo dulce es vivir. Es una gloria para tus hijos, Cuando te ofenden, por ti morir.Land of the morning Child of the sun returning With fervor burning Thee do our souls adore.

Land dear and holy, Cradle of noble heroes, Ne’er shall invaders Trample thy sacred shores.

Ever within thy skies and through thy clouds And o'er thy hills and sea Do we behold the radiance, feel the throb Of glorious liberty

Thy banner dear to all our hearts Its sun and stars alight, Oh, never shall its shining fields Be dimmed by tyrants might!

Beautiful land of love, o land of light, In thine embrace 'tis rapture to lie But it is glory ever, when thou art wronged For us thy sons to suffer and dieBayang magiliw, Perlas ng Silanganan Alab ng puso, Sa Dibdib mo'y buhay.

Lupang Hinirang, Duyan ka ng magiting, Sa manlulupig, Di ka pasisiil.

Sa dagat at bundok, Sa simoy at sa langit mong bughaw, May dilag ang tula, At awit sa paglayang minamahal.

Ang kislap ng watawat mo'y Tagumpay na nagniningning, Ang bituin at araw niya, Kailan pa ma'y di magdidilim,

Lupa ng araw, ng luwalhati't pagsinta, Buhay ay langit sa piling mo, Aming ligaya na 'pag may mang-aapi, Ang mamatay nang dahil sa iyo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Youtube.com - Himno nacional filipino interpretado na súa versión orixinal.

Categoría:Símbolos de Filipinas Categoría:Himnos nacionais