A dos cranquíidos (Cranchiidae) é unha familia de moluscos cefalópodos da superorde dos decapodiformes e orde dos egópsidos,Cranchiidae Prosch, 1849 no WoRMS. aínda que algúns autores encádrana na orde dos teútidos, suborde dos egospinos. (Véxase a clasificación).

A familia comprende unhas 60 especies de luras que teñen un manto que mide desde os 10 cm aos 10 m de lonxitude. Viven en augas superficiais ou de mediana profundidade nos océanos, e son coñecidas vulgarmente na bibliografía internacional como luras de cristal, cranquiluras ou medusas-cristal.

Características

A familia dos Cranchiidae abarca cerca de 60 especies que evolucionna na superficie e nas profundidades de todos os océanos. O tamaño do seu manto varía desde os 10 cm até máis de 10 m (no caso da chamada lura colosal). O nome común de luras de cristal débese á natureza transparente da maioría das especies. Estas luras pasan a maior parte da súa vida en augas pouco profundas parcialmente soleadas onde a súa transparencia proporciona camuflaxe.

Caracterízanse por teren un corpo inchado e os brazos curtos, que levan dúas fileiras de ventosas ou de ganchos. O par de tentáculos implicados na reprodución é frecuentemente máis longo que os outros oito. Moitas especies teñen órganos bioluminiscentes na parte inferior aos ollos, utilizados para anular a súa sombra. A morfoloxía dos ollos é moi variábel, desde ollosgrandes e circulares até ollos telescópicos e peciolados. Utilizan un fluído composto de amoníaco almecenado nunha pequena bolsa para facilitar a flotabilidade. Frecuentemente o único órgano visíbel a través dos tecidos transparentes é unha glándula dixestiva en forma de boquilla de cigarro, que é o equivalente nos cefalópodos do fígado dos mamíferos. Xeralmente sostéñense en posición vertical para reducir a súa silueta e, á veces,, existe un órgano bioluminiscente no extremo inferior do corpo para reducir aínda máis a súa visibilidade na auga.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita o ano 1849 polo médico, biólogo e malacólogo danés Victor Prosch, no seu traballo "Nogle nye Cephalopoder, beskrevne og anatomisk undersögte", publicado en Det Kongelige Danske videnskabernes selskabs skrifter. Naturvidenskabelig og mathematisk afdeling, (5) 1: 53-72.

Etimoloxía O nome da familia, Cranchiidae, está formado, como é habitual, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cranchia, engadindo a desinencia do latín científico ´-idae (derivada do grego antigo είδος eídos, 'semellante'), propia dos nomes das familias de animais.

Clasificación Segundo o World Register of Marine Species, a familia comprende as seguintes subfamilias e xéneros:

<big>Orde Oegopsida d'Orbigny, 1845</big>Familia Cranchiidae Prosch, 1849

Sen adxudicar Xénero Bathothauma Chun, 1906 Xénero Cranchia Leach, 1817

Subfamilia Cranchiinae Prosch, 1849 Xénero Egea Joubin, 1933 Xénero Euzygaena Chun, 1910 Xénero Galiteuthis Joubin, 1898 Xénero Helicocranchia Massy, 1907 Xénero Hensenioteuthis Pfeffer, 1900 Xénero Leachia Lesueur, 1821 Xénero Liguriella Issel, 1908 Xénero Liocranchia Pfeffer, 1884 Xénero Loligopsis Lamarck, 1812 Xénero Megalocranchia Pfeffer, 1884 Xénero Mesonychoteuthis Robson, 1925 Xénero Parateuthis Thiele, 1921 Xénero Phasmatopsis Rochebrune, 1884 Xénero Sandalops Chun, 1906 Subfamilia Taoniinae Pfeffer, 1912 Xénero Taonius Steenstrup, 1861 Xénero Teuthowenia Chun, 1910

miniatura|400px|Lura colosal exhibida no Museo Te Papa Tongarewa (Te Papa). Wellington, Nova Zelandia. Xéneros nomen dubium Euzygaena Chun, 1910 Hensenioteuthis Pfeffer, 1900 Loligopsis Lamarck, 1812 Parateuthis Thiele, 1921 Phasmatopsis Rochebrune, 1884 Zygocranchia Hoyle, 1909 Zygaenopsis Rochebrune, 1884 (inválido: homónimo júnior de Zygaenopsis Felder, 1874 [Lepidoptera])

Pola súa parte, o Sistema Integrado de Información Taxonómica considera esta clasificación:Cranchiidae no SIIT.

<big>Orde Teuthida </small>Naef, 1916</small></big>Teuthida no SIIT.Suborde Oegopsina d'Orbigny, 1845</small>

Subfamilia Cranchiinae Pfeffer, 1912 Cranchiinae no SIIT. Xénero Cranchia Leach, 1817 Xénero Drechselia Joubin, 1931 Xénero Leachia Lesueur, 1821 Xénero Liocranchia Pfeffer, 1884 Subfamilia Taoniinae' Pfeffer, 1912 Taoniinae no SIIT. Xénero Bathothauma Chun, 1906 Xénero Belonella Lane, 1957 Xénero Egea Joubin, 1933 Xénero Galiteuthis Joubin, 1898 Xénero Helicocranchia Massy, 1907 Xénero Liguriella Issel, 1908 Xénero Megalocranchia Pfeffer, 1884 Xénero Mesonychoteuthis Robson, 1925 Xénero Sandalops Chun, 1906 Xénero Taonius Steenstrup, 1861 Xénero Teuthowenia Chun, 1910

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Felley, J., Vecchione, M., Roper, C. F. E., Sweeney, M. & Christensen, T. (2001-2003): Current Classification of Recent Cephalopoda. National Museum of Natural History: Department of Systematic Biology: Invertebrate Zoology: Cephalopods Hanlon, Roger T. & John B. Messenger (1996): Cephalopod Behaviour. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42083-0. Nixon, Marion & John Z. Young (2003): The brains and lives of Cephalopods. Oxford University Press. ISBN 0-19-852761-6. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. I. Smithsonian Contributions to Zoology. Nancy A. Voss, Michael Vecchione, Ronald B. Toll e Michael J. Sweeney (1998): Systematics and Biogeography of Cephalopods, vol. II. Smithsonian Contributions to Zoology.

Outros artigos Cefalópodos Coleoideos Decapodiformes Egópsidos Teútidos

Ligazóns externas Cranchiidae en Tree of Life Cranchiidae na ADW . Cranchiidae na EOL . Especies da familia dos Cranchiidae na Lista vermella'' da UICN. Cranchiidae no NCBI

Categoría:Cefalópodos