O Campo Municipal Ponte dos Brozos é unha instalación deportiva dedicada á práctica do fútbol situada nunha área de equipamento deportivo e de educación do Polígono Industrial de Sabón, Arteixo. O seu propietario é o Concello de Arteixo e nel xoga os seus partidos como local o Atlético Arteixo.

Dispón dun terreo de xogo de herba natural de 100 x 62 metros; conta ademais cunha bancada cuberta con capacidade para unhas 2.000 persoas, aparcadoiro e outro campo anexo de herba artificial.

Notas

Ponte dos Brozos Categoría:Arteixo