Uxío Santiago Labarta Fernández, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC.Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1179.Enciclopedia Galega Universal, t. 11, p. 43.Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 36, p. 80.
Traxectoria miniatura|Instituto de Investigacións Mariñas. Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972, do que foi secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86), asesor da presidencia do CSIC (1986-88), secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).Gran Enciclopedia Galega, en DVD.
Profesor de investigación no CSIC, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia), no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.
Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993), foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura, 1993-1997.Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 210.
Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.Resumo da tese .
Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, e, dende 2003, da revista Grial. Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.
Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012)."El biólogo marino Uxío Labarta deja tras seis años la coordinación del CSIC en Galicia" El Correo Gallego, 22/2/2013 .
miniatura|130px|A Galicia Mariñeira, BBdCG.
Obra Asesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002,Codex Floriae . é autor de varios libros, informes e máis de 150 artigos,Digital CSIC no campo da investigación mariña, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos, en particular sobre enerxía fisiolóxica, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón. Entre eles pódense citar:
A pesca galega e a sua investigación, Rueiro, 1978. ISBN 84-85220-23-4. A Galicia mariñeira, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 84-7154-492-X.A Galicia Mariñeira Google Books. Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas, 1997, tese de doutoramento. USC. Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura. Una perspectiva gallega en un contexto internacionalizado, 2000, Fundación Caixa Galicia.Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura La industria del mejillón. Mercados internacionales, productos y países (con Eduardo P. Corbacho), 2000, Fundación Caixa Galicia. Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica (coordinador), 2004, Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-69-9.Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica
Notas
Véxase tamén Bibliografía e (2003). El Instituto de Investigaciones Pesqueras. Tres décadas de historia... CSIC. ISBN 978-84-00-08195-9 Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011 , páxina 191. ISBN 978-84-7836-097-0 e ed. (2011). Funciones y organización del sistema público de I+D en España CSIC, ISBN 978-84-15-01848-3. Outros artigos Miticultura Ligazóns externas "Urge cambiar el modelo de gestión de la pesca de bajura", Faro de Vigo, 23/8/2009 .
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1949 Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:CSIC Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes