A Frames foi unha banda de post-punk e noise rock estadounidense formada en Seattle no ano 1999. O trío estaba composto por Erin Sullivan, Min Yee e Thomas Northcut. O grupo chamouse Bend Sinister dende 1996 ata 1999. A Frames cita a Cows, Scientists, Stick Men With Ray Guns, Scratch Acid, Joy Division, e o garage rock dos 60 entre as súas influencias. A Frames creou o seu propio selo, Dragnet Records, en xaneiro do ano 2000 para publicar a súa propia música, e posteriormente asinou con Sub Pop Records en 2004 para a edición de Black Forest. No ano 2006 o seu batería orixinal, Lars Finberg, deixou a banda para centrarse en The Intelligence, un grupo no cal tanto Min como Erin tocaran o baixo.
Discografía Álbum Ano Selo A-Frames 2002 S-S Records, Dragnet Records 2 2003 S-S Records Black Forest 2005 Sub Pop Records
Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental