Para o armamento, véxase Bomba de cobalto (armamento)

A bomba de cobalto (abreviado, BCO) é un aparello de radioterapia empregado para o tratamento dalgunhas doenzas, especialmente diferentes tipos de cancro. A súa denominación provén polo uso de:

Isótopo radioactivo de cobalto 60 para o tratamento de ditas enfermidades. Pistón pneumático (bomba), para o desprazamento do isótopo.

A desintegración acontece segundo a seguinte fórmula:

A vida media deste radionúclido é de 5,27 anos. A blindaxe do cabezal absorbe a radiación beta, polo que esta non é útil. O que interesa é a radiación gamma, cuxa enerxía media é de 1,33 MeV (megaelectronvoltios).

Nos últimos anos as bombas de cobalto veñen quedando obsoletas e sendo substituídas polos aceleradores de partículas, ao seren estes máis precisos. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Oncoloxía

Categoría:Equipamento médico Categoría:Enerxía nuclear