A Universidade de Granada (UGR) é unha universidade pública española con sede en Granada e con campus nas cidades de Granada, Ceuta e Melilla, o que a converte na única universidade europea con dous campus en África. É a cuarta universidade de España por número de alumnos, membro do Grupo Coimbra e Campus de Excelencia Internacional.
A Universidade de Granada é herdeira da Madraza do último Reino Nazarí e foi fundada oficialmente en 1531 por Carlos I de España. Por tanto, ten case cincocentos anos de historia e é considerada por iso como unha das universidades históricas de España.
A Universidade de Granada sitúase entre o dez primeiras de España e desde hai varios anos ocupa o primeiro posto nos estudos de tradución e interpretación, sendo a primeira universidade española en impartir lingua dinamarquesa. A nivel mundial, é unha das cincuenta mellores universidades en enxeñaría informática e unha das cen primeiras en matemáticas.
Recibe cada ano máis de 2000 alumnos procedentes do programa Erasmus, o que a converte no primeiro destino europeo dentro deste programa de mobilidade. Ademais, foi elixida a mellor universidade de España polos estudantes internacionais.
Historia miniatura|250x250px|Facultade de Dereito de Granada, na praza da Universidade.
Antecedentes A universidade na cidade de Granada atopa as súas raíces no século XIV, máis concretamente en 1349, cando o rei Iusuf I creou a Madraza de Granada. Este sultán tamén construíu o Palacio de Comares e a Porta da Explanada na Alhambra, sendo unha das universidades máis antigas do mundo. A Madraza manteríase en funcionamento até 1499, ano no cal o cardeal Cisneros, incumprindo as capitulacións que asinaran Isabel e Fernando, reis de Castela e Aragón, asáltaa e destrúea. Como consecuencia deste asalto a Biblioteca da Madraza foi queimada na praza Bib-Rambla. Esta queima foi unha das máis grandes que se produciron en Europa, xa que a cultura granadina tiña un amplo comercio do libro e tamén unha alta produción editorial. Cisneros aproveitou esta situación para queimar máis bibliotecas, tentando acabar coa cultura nazarí, forzando a conversión. O edificio, unha vez a universidade desaparecera, foi doado por Fernando de Aragón como sede do Concello de Granada.
Fundación miniatura|Carlos I de España, fundador da Universidade A situación de gran tensión e espolio cultural provocada por Cisneros verase diminuída co emperador Carlos I de España (V de Alemaña), quen en 1526, durante unha visita á cidade de Granada, decide dotala de novo dunha universidade. Deste xeito, súa foi a iniciativa de fundar o Colexio Imperial de San Miguel de Granada en 1531, mediante unha bula do papa Clemente VII, dando lugar así ao que hoxe coñecemos como a Universidade de Granada.Historia de la UGR.
Granada e a Universidade Hoxe en día Granada é a cidade coa maior afluencia universitaria do sur de España, converténdoa nunha das capitais universitarias por excelencia. Granada é unha cidade feita por e para os universitarios, famosa pola súa vida nocturna e ambiente estudantil, ademais de ofrecer un dos aloxamentos para universitarios máis baratos do país. Recentemente foi elixida como mellor cidade universitaria de España. Deste xeito, as esperanzas de futuro da cidade pasan polos beneficios económicos e sociais vinculados á Universidade, a cal representa a empresa principal da provincia.
A Universidade tamén supuxo un enriquecemento cultural da cidade, non só pola gran cantidade de alumnos estranxeiros que atrae (é o primeiro destino Erasmus) senón tamén pola súa política de recuperación de edificios de valor histórico, como son o edificio da Madraza, o Hospital Real (actual sede do Reitorado) ou as facultades de Dereito, Medicina e Tradución e Interpretación. Ademais, a universidade permitiu un auxe no ámbito do I+D+i, dotando á cidade de modernas instalacións para tal propósito. Un exemplo diso é o Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde.
Nos últimos anos, a UGR foi escalando importantes postos nas clasificacións de universidades até converterse nunha das mellores do mundo en campos como a informática, as matemáticas e a enxeñaría.
Algúns datos actuais da Universidade de Granada: Alumnos de grao e posgrao: 59 438 Profesores: 3 487 Persoal de servizos: 2 198 Titulacións: 71 Centros docentes: 27 Departamentos: 123 Títulos de mestrado oficial: 121 Doutoramentos: 28 A Universidade de Granada é tamén a institución académica coa velocidade de rede máis rápida do mundo, até 160 Xigabits por segundo (Gbps), sen contar coa velocidade que prové a RedIRIS, a rede académica española integrada na europea rede GÈANT.
Facultades e escolas miniatura|250x250px|Facultade de Ciencias de Granada, na avenida Fuentenueva. miniatura|250x250px|Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos de Granada, nos Paseíllos Universitarios. miniatura|250x250px|Escola Técnica Superior de Enxeñarías Informática e de Telecomunicación de Granada, na rúa Periodista Daniel Saucedo Aranda. miniatura|250x250px|Edificio da antiga Facultade de Medicina de Granada, na avenida de Madrid esquina coa rúa Doctor Guirao Gea. miniatura|250x250px|Facultade de Tradución e Interpretación de Granada, na rúa Puentezuelas. miniatura|335x335px|Facultade de Filosofía e Letras de Granada, na rúa Eras de Cristo. Os centros docentes (facultades e escolas) atópanse repartidos en sete campus universitarios: cinco na cidade de Granada (Centro, Cartuja, Fuentenueva, Aynadamar e Ciencias da Saúde), un en Ceuta e outro en Melilla.
Campus Centro Trátase dun campus urbano, cuxos centros se atopan repartidos por diferentes puntos do centro da cidade de Granada. Neste campus localízanse as seguintes facultades: Escola Técnica Superior de Arquitectura Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía Facultade de Ciencias do Traballo Facultade de Dereito Facultade de Traballo Social Facultade de Tradución e Interpretación
Campus de Cartuja Ten o seu acceso polo Paseo de Cartuja. Os seus centros docentes distribúense nas inmediacións do antigo mosteiro da Asunción, máis coñecido como a Cartuxa de Granada, e son: Facultade de Ciencias do Deporte Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Ciencias da Educación Facultade de Comunicación e Documentación Facultade de Farmacia Facultade de Filosofía e Letras Facultade de Odontoloxía Facultade de Psicoloxía
Campus de Fuentenueva Sitúase na rúa Doctor Severo Ochoa, preto da Estación de trens de Granada, tendo acceso tamén polo Camino de Ronda, a través da rúa Gonzalo Gallas. Os centros que o compoñen son: Facultade de Ciencias de Granada Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Edificación de Granada Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos Tamén se localizan no Campus de Fuentenueva centros de investigación científica, así como instalacións deportivas e de lecer. É atravesado polo coñecido Parque Universitario de Fuentenueva, que comunica en liña recta o Camiño de Rolda co centro da cidade. O Campus de Fuentenueva aloxa unha das paradas do Metro de Granada.
Campus de Aynadamar Sitúase no barrio do Cerrillo de Maracena e nel atópanse: Facultade de Belas Artes de Granada Escola Técnica Superior de Enxeñarías Informática e de Telecomunicación de Granada
Campus Ciencias da Saúde Está integrado no Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde, un complexo situado nos arredores da capital granadina. Trátase dun innovador espazo tecnolóxico especializado na investigación e desenvolvemento de industrias farmacéuticas, biosanitarias e agro-alimentarias, contando, en 2016, con máis de doce centros de investigación operativos e case un centenar de empresas e institucións.
Actualmente sitúanse neste campus a Facultade de Ciencias da Saúde e a Facultade de Medicina aínda que se procederá proximamente ao traslado a este campus das facultades de Farmacia e Odontoloxía.
O Campus Ciencias da Saúde conta con novos centros de docencia, investigación e de prácticas, entre eles o novo Hospital Universitario de San Cecilio. Está conectado ao centro de Granada tanto por autobús como por metro, mediante a Liña 1 do Metro de Granada.
Campus de Ceuta Facultade de Ciencias da Saúde de Ceuta Facultade de Educación, Economía e Tecnoloxía de Ceuta
Campus de Melilla Facultade de Educación e Humanidades de Melilla Facultade de Enfermaría de Melilla Facultade de Ciencias Sociais de Melilla
Centros adscritos Escola Universitaria de Profesorado de E.G.B. "A Inmaculada"
Escola Internacional de Posgrao É o centro encargado de xestionar e coordinar todos os ensinos de Posgrao, incluíndo os programas internacionais, que están conformadas por: Másteres oficiais Títulos propios (expertos propios, másteres propios e cursos complementarios) Doutoramentos Os programas de doutoramento están coordinados polas seguintes escolas: Escola de Doutoramento de Ciencias, Tecnoloxías e Enxeñarías Escola de Doutoramento de Ciencias da Saúde Escola de Doutoramento de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas
Servizo de Comedores e aloxamento Entre os servizos que ofrece a Universidade de Granada á comunidade universitaria destaca o Servizo de Comedores Universitarios, famosos entre os estudantes por ofrecer menús saudables a baixo prezo (3.5€). O Servizo de Comedores tamén conta co servizo para levar e ten sedes en cada un dos campus universitarios.
Ademais, a universidade conta cunha ampla rede de aloxamento baseado en colexios maiores, que contan con máis de cincuenta anos de historia, e residencias universitarias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial da Universidade de Granada Arte e historia da Universidade de Granada Primeira posición da UGR na Clasificación de Universidades en Software Libre 2015